Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA 03/07 Acción 3.2: xuventude no mundo: cooperación con países non veciños da UE

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Promover a participación dos mozos na vida política e civil, especialmente no proceso de construcción europea, e promover o contacto e a mobilidade de mozos europeos, así como incentivar a inclusión da xuventude.


Obxectivo específico da convocatoria


Preténdese promover a cooperación no ámbito da xuventude co obxecto de fomentar o intercambio de experiencias e de boas prácticas, favorecer o desenvolvemento das políticas de xuventude, do traballo no sector da xuventude e aumentar as capacidades de organizacións e as competencias das organizacións xuvenís.


Eidos de actuación


Os proxectos deberán incluír unha das seguintes temáticas: reforzo da sociedade civil, da cidadanía e da democracia, loita contra o racismo e a xenofobia, diálogo interétnico e interrelixioso, resolución de problemas derivados de situacións de conflicto e de reconstrucción, papel activo das mulleres na sociedade e dereitos das minorías.
Os proxectos deben incluír un consorcio de catro países polo menos. Dous deles deberán pertencer á UE ou ao Espacio Económico Europeo (Noruega, Liechtenstein e Suíza) ou proceder de Turquía. Deste primeiro grupo de socios un deles debe estar radicado nun Estado membro da UE. Este grupo de socios deberá establecer un proxecto de cooperación con dous Estados polo menos que non sexan veciños da UE. A lista de países elixibles atópase na convocatoria, versión longa, e inclúe todos os países cos que a UE non mantén fronteira terrestre ou marítima, é dicir, exclúense os países da beira mediterránea e do leste de Europa.


Financiamento


Financiarase ata un 80% dos custes elixibles do proxecto. A subvención máxima será de 100.000 €


Orzamento total da convocatoria


2.285.000 €


Duración do proxecto


O proxecto deberá comezar entre o 15 de decembro de 2007 e o 15 de febreiro de 2008, deberán ter unha duración mínima de 6 meses e unha máxima de 12.


Destinatarios


Organización sen ánimo de lucro e administracións locais; nacionais e rexionais, i. e. as persoas físicas non son elixibles.


Data límite de solicitude


31 de maio de 2007


Documentación


Convocatoria DOUE C 70/40 do 27 de marzo de 2007.
Web da convocatoria.

Contacto


Axencia Executiva da Comisióin Europea para a Educación, a Cultura e Audiovisuais (EACEA) - Unit P6 Youth
Philippe COVA: philippe.cova@ec.europa.eu
Education Audiovisual & Culture Executive Agency
Avenue du Bourget 1
BOUR
BE-1140 Bruxelles, Bélxica


Data límite de solicitude

31/05/2007

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante