Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/12/09 Acción 4.4 — Proxectos destinados a fomentar a creatividade e a innovación no ámbito da mocidade

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Promover a cidadanía activa entre os mozos, especialmente, a cidadanía europea
• Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia entre os mozos
• Favorecer o entendemento mutuo entre mozos de países diferentes
• Mellorar a calidade dos sistemas de soporte ás actividades xuvenís e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no campo da mocidade
• Favorecer a cooperación europea no campo da mocidade
• Implicar aos mozos no proceso de construción europea e estimular a reflexión sobre a sociedade europea e os seus valores
• Participación dos mozos na vida democrática
• Diversidade cultural: loita contra o racismo e a xenofobia
• Inclusión de mozos con menos oportunidades (procedentes dun medio desfavorecido ou con discapacidade)

Obxectivo específico da convocatoria

A Comisión Europea abriu unha convocatoria de propostas enmarcada dentro da subacción 4.4 do programa “Mocidade en acción”. En consonancia coa Decisión do Parlamento Europeo e do Consello relativa ao Ano Europea da Creatividade e a Innovación (2009), esta convocatoria ten por obxecto a promoción de proxectos que fomenten a creatividade e a innovación no ámbito da mocidade.

A convocatoria de propostas está destinada a identificar proxectos que teñan como obxectivo a introdución, aplicación e promoción de elementos innovadores e cualitativos na educación non formal e o emprego xuvenil.

Estes elementos innovadores e cualitativos poden referirse a:
• O contido das actividades propostas, e/ou,
• Os métodos utilizados para xestionar as actividades, baseádevos en enfoques innovadores no ámbito da educación non formal e a mocidade.

Eidos de actuación

Os proxectos deberán incluír actividades con fins non lucrativos e enmarcarse dentro do ámbito da educación non formal e da mocidade.

No 2009, outorgarase prioridade nesta convocatoria aos proxectos que se centren nos seguintes temas:
• Alfabetización mediática dos mozos
• Teletraballo para mozos (e-youth work)

Destinatarios

Organizacións sen ánimo de lucro (redes e organizacións non gobernamentais (ONG),
ou ben entes públicos) do ámbito xeográfico seguinte:
• Unión Europea (UE)
• Espazo Económico Europeo (EEE)
• Países Candidatos
• Terceiros Países

Socios

Como mínimo 1 socio trasnacional.

Financiamento

A asistencia económica concedida non superará o 65 % dos gastos totais elixibles do proxecto. A subvención máxima total non excederá os 100 000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

1,20 millóns de euros

Duración do proxecto

Duración mínima de 12 meses e unha duración máxima de 18 meses.
Os proxectos deberán iniciarse entre o 1 de decembro de 2009 e o 31 de marzo de 2010.

Data límite de solicitude

30/09/2009

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
«Youth in Action» Programme — EACEA/12/09
BOUR, 4/029
Avenue du Bourget, 1
BE-1140 BRUSELAS
youthcallforproposals@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante