Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/05/09 Acción 3 - Mocidade no mundo: Cooperación con países socios non veciños da UE

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Apoiar proxectos que promovan a cooperación no ámbito da mocidade entre países europeos e terceiros países non veciños da Unión Europea

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos desta convocatoria de propostas son os seguintes:

- Mellorar a mobilidade dos mozos e das persoas que traballan con eles.
- Promover a capacitación e a participación activa dos mozos.
- Fomentar o desenvolvemento de capacidades das organizacións e estruturas xuvenís a fin de contribuír ao desenvolvemento da sociedade civil.
- Promover a cooperación e o intercambio de experiencias e boas prácticas no ámbito da mocidade e da educación non formal.
- Contribuír ao desenvolvemento das políticas de mocidade, o traballo no sector da mocidade e do voluntariado.
- Desenvolver colaboracións e redes duradeiras entre as organizacións de mozos.

Eidos de actuación

A presente convocatoria se encadra dentro da acción 3 do Programa “Mocidade en acción”: a mocidade no mundo.

Os proxectos incluirán actividades sen ánimo de lucro e pertencerán ao ámbito da mocidade e a educación non formal, incluíndo as seguintes actividades:

- Desenvolvemento de asociacións e redes.
- Seminarios e conferencias.
- Formación dos traballadores do sector da mocidade e difusores de opinión.
- Desenvolvemento de ferramentas de formación.
- Campañas de información e sensibilización que favorezan aos mozos.
- Visitas de observación de profesionais para as persoas que traballan cos mozos.
- Visitas de estudo e viabilidade.
- Reunións de avaliación.
- Intercambios xuvenís.

Os temas tratados serán os seguintes:
- Reforzo da sociedade civil, a cidadanía e a democracia.
- Loita contra o racismo e a xenofobia.
- Diálogo interétnico e interrelixioso.
- Resolución post-conflito e reconstrución.
- Papel activo das mulleres na sociedade.
- Dereitos das minorías.

Prioridade específica para 2009:
A mobilización e a sensibilización dos mozos fronte a problemas mundiais como o desenvolvemento
sostíbel, as migracións e o cambio climático.

Destinatarios

Organizacións sen ánimo de lucro, ben sexan organizacións non gobernamentais (ONG) ou organismos públicos.

Socios

Os proxectos deben incluír a participación de organizacións de ao menos catro países
diferentes, entre os que se inclúan ao menos dous países participantes no programa (Estados membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Turquía), dos cales polo menos un ten que ser un Estado membro da UE, e de dous terceiros países dos denominados “socios” da UE: Estados Unidos, Canadá, Corea, Brunei e países de América Latina, África, Caribe, e Pacifico e Asía.

Financiamento

A axuda financeira non poderá exceder o 80 % do total dos custos admisibles dun
proxecto. A subvención máxima será de 100 000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado para o cofinanciamento de proxectos seleccionados no marco da presente convocatoria de propostas estímase en 2 600 000 EUR.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán comezar entre os días 1 de novembro de 2009 e 31 de decembro de 2009.
Terán unha duración mínima de 6 meses e unha duración máxima de 12 meses.

Data límite de solicitude

01/06/2009

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
‘Youth in Action’ Programme – EACEA/05/09
BOUR, 4/029
Avenue du Bourget, 1
BE-1140 BRUSSELS
e-mail: youthcallforproposals@ec.europa.eu


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante