Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción preparatoria Amicus - EAC/40/08 – AMICUS

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Promover a cidadanía activa entre os mozos, especialmente, a cidadanía europea

  • Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia dos mozos
  • Favorecer o entendemento mutuo entre mozos de países diferentes
  • Mellorar a calidade dos sistemas de apoio as actividades dos mozos e a reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no eido da xuventude
  • Favorecer a cooperación europea no eido da xuventude
  • Prioridades: Cidadanía europea: implicar aos mozos no proceso de construcción europea e estimular a reflexión sobre a sociedade europea e os seus valores
  • Participación dos mozos na vida democrática
  • Diversidade cultural: loita contra o racismo e a xenofobia
  • Inclusión de mozos con menos oportunidades (procedentes dun medio desfavorecido ou con discapacidades)

Obxectivo específico da convocatoria

Acción preparatoria Amicus

Eidos de actuación

A presente convocatoria de propostas é o instrumento de aplicación da acción preparatoria Amicus, cuxo obxecto é:

  • Promover o carácter transnacional das estadías de mozos en actividades de servizo cívico e de voluntariado.
  • Favorecer a creación dun marco europeo que facilite a interoperabilidade das ofertas de servizo cívico e de voluntariado para os mozos existentes nos Estados membros (con independencia de que emanen de estruturas de servizo cívico ou de organizacións da sociedade civil).
  • Facer posible unha fase de proba e de avaliación a través de proxectos concretos de cooperación europea (dimensión transnacional) no ámbito do servizo cívico e do voluntariado dos mozos.

O servizo da Comisión responsable da aplicación e xestión desta acción é a unidade ”A Mocidade en Acción” da dirección Xeral de Educación e Cultura.

Destinatarios

Mozos de entre 13 e 30 anos ou de entre 15 e 28, segundo as convocatorias. Concédese unha atención especial aos mozos con menos oportunidades.

Financiamento

No marco da presente convocatoria de propostas, son elixibles dúas categorías de candidatos:

  1. por unha parte e deforma prioritaria os organismos públicos cuxa actividade principal céntrese no servizo cívico;
  2. por outra as organizacións non gobernamentais ou asociacións sen fins de lucro cuxa actividade principal céntrese no voluntariado dos mozos.

Ademais para ser elixibles, os organismos candidatos tamén deberán presentar as seguintes características:
  • ter o seu domicilio social nun dos países da Unión Europea: Alemaña, Austria, Bélgica, Bulgaria, Chipre, República Checa, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Reino Unido e Suecia,
  • ter personalidade xurídica,
  • poder xustificar unha experiencia de dous anos, como mínimo, no ámbito das estadías de mozos para servizo cívico ou voluntario a escala nacional.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitaria dispoñible para esta convocatoria de propostas é de 2,30 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades deberán necesariamente iniciarse entre o 1de setembro de 2009 e o 30 de novembro de 2009, e finalizar como moi tarde o 31de decembro de 2010.

Data límite de solicitude

30/04/2009

Documentación

Contacto

Comisión Europea

Directorate-General for Education and Culture
(DG EAC)
Unit D2: Youth in Action Programme
Unit D1: Youth policies
B - 1049 Brussels
Tel: +32 2 299 11 11
Fax: +32 2 295 76 33
E-mail: eac-youthinaction@ec.europa.eu
Website: http://ec.europa.eu/youth/index_en.html?

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante