Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA 15/08 Acción 4.5.b Convocatoria de propostas de proxectos destinados a apoiar accións de información sobre as eleccións europeas de 2009 dirixidas aos mozos e aos monitores de mocidade

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Fomentar accións de información e sensibilización dirixidas aos mozos, aos monitores de mocidade e ás persoas que traballan en organizacións xuvenís, co fin de promover unha participación activa dos mozos nas eleccións ao Parlamente Europeo de 2009 e informarlles sobre o que implica esta votación.

Eidos de actuación

Esta convocatoria esta orientada a informar e sensibilizar aos mozos da relevancia das eleccións europeas de 2009. As actividades a realizar consistirán en :

  • Deseñar material para as eleccións de 2009 elaborado por e para a mocidade
  • Organizar conferencias e sesións de información interactivas sobre as eleccións europeas así como reunións con deputados locais, nacionais e europeos, a condición de que estas actividades non formen parte da súa campaña electoral
  • Realizar outras actividades que permitan concienciar aos mozos da importancia das votacións para as eleccións europeas de 2009

Destinatarios

Poden presentar solicitudes:

  • organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro ou un Consello Nacional de Mocidade
  • organismos activos no ámbito da mocidade a nivel europeo do que formen parte organizacións presentes en polo menos oito países do programa «A mocidade en acción», dotado de personalidade xurídica propia e legalmente establecido nun dos países da Unión Europea desde polo menos un ano antes de presentar a candidatura.
  • non serán elegibles as organizacións xuvenís afiliadas a movmentos políticos.

Os destinatarios finais dos proxectos son os cidadáns europeos mozos menores de 30 anos en idade de votar e as persoas que traballan no ámbito da mocidade, en organizacións e estruturas xuvenís.

Financiamento

A axuda financeira non poderá superar o 80 % do total dos gastos admisibles do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

360.000 euros. A Comisión Europea proponse financiar ata un máximo de 27 proxectos, é dicir, un proxecto por Estado membro, con idea de abarcar a totalidade da Unión Europea.

O importe máximo de subvención concedido a un proxecto dado terá en conta a poboación do país. Por esta razón fixouse un límite máximo para cada país da Unión Europea:

  • Alemaña, España, Francia, Italia, Polonia, Romanía e o Reino Unido: o importe máximo da subvención será de 90 000 EUR.
  • Austria, Bélxica,Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Grecia, Hungría, Irlanda, Letonia,Lituania, os Países Baixos, Portugal, a República Checa e Suecia: o importe máximo da subvención será de 45 000 EUR
  • Luxemburgo e Malta:o importe máximo da subvención será de 22 500 EUR.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración mínima de 5 meses e unha duración máxima de 7 meses e as actividades deberán comezar obrigatoriamente entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 28 de febreiro de 2009.

Data límite de solicitude

15/07/2008

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
‘Youth in Action’ Programme – EACEA/15/08
Avenue du Bourget, 1 (BOUR, 1/001)
1140 Brussels
Belgium
E-mail: youthcallforproposals@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante