Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Interreg SUDOE (2ª Convocatoria)

Programa

PROGRAMA DE COOPERACIÓN INTERREG SUDOE V-B

Obxectivo xeral

O obxectivo do Programa é consolidar a cooperación territorial das rexións do Suroeste europeo nos ámbitos da competitividade, a innovación, a protección do medio ambiente, o desenvolvemento e a ordenación do territorio sustentables. O Programa contribuirá así a asegurar unha integración armoniosa e equilibrada das rexións participantes e a unha cohesión económica e social no seo da Unión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria



Eidos de actuación

Dous eixos prioritarios do Programa estarán abertos no marco desta convocatoria:
1. Promover as capacidades de innovación para un crecemento intelixente e sustentable. Fináncianse proxectos de:
  • Creación ou desenvolvemento de plataformas de colaboración.
  • Fomento de Asociacións Europeas de Innovación e Plataformas Tecnolóxicas Europeas.
  • Coordinación entre as estratexias rexionais de especialización intelixente.
  • Desenvolvemento de modelos de transferencia de tecnoloxía.
  • Consolidación de cadeas de valor no ámbito das TFE.
  • Desenvolvemento de accións piloto e proxectos demostrativos multi-TFE.
  • Difusión de tecnoloxías TFE a nivel de empresas e outras infraestruturas de I+D+i.
  • Aplicación da innovación para a mellora da protección do medio ambiente.
2. Protexer o medio ambiente e promover a eficacia dos recursos. Fináncianse os seguintes proxectos:
  • Estratexias de desenvolvemento sustentable e de atenuación do impacto ambiental en espazos turísticos e de explotación económica.
  • Mellora do coñecemento do patrimonio cultural e natural común e do potencial económico das zonas naturais.
  • Promoción do patrimonio natural e cultural recoñecido a nivel internacional.
  • Valorización económica de produtos resultantes da explotación forestal e de recursos naturais. 
  • Estratexias conxuntas de protección e restauración dos ecosistemas e xestión integrada dos recursos e zonas naturais.
  • Mellora de coñecementos.
  • Creación de ferramentas de traballo conxuntas/compartidas.
  • Proxectos de acondicionamento ou traballos de enxeñería ecolóxica para establecer unha rede de continuidade ecolóxica, incluíndo a zona urbana e periurbana.

Destinatarios

Todas as entidades públicas, privadas con ou sen ánimo de lucro e empresas (fóra da gran empresa) localizadas na zona elixible do programa Sudoe poden ser beneficiarias. O territorio elixible do Programa Interreg Sudoe está constituído polas rexións e cidades autónomas indicadas na Convocatoria pertencentes aos catro Estados membros (España, Francia, Portugal, Reino Unido (Xibraltar)) e un país terceiro (Principado de Andorra). En España inclúense: Galicia,Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Comunidade, Foral de Navarra, A Rioxa,Aragón,Comunidade de Madrid,Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura, Cataluña,Comunidade Valenciana, Illes Balears, Andalucía, Rexión de Murcia, Cidade Autónoma de Ceuta, Cidade Autónoma de Melilla. Aínda que o Principado de Andorra pertence ao territorio elixible do Programa Interreg Sudoe, as entidades dese territorio que participasen en proxectos Sudoe non poderán recibir axuda FEDER.

Socios

O partenariado debe incluír polo menos beneficiarios de tres Estados membros da Unión Europea que participan no programa Interreg Sudoe. Non obstante o partenariado deberá ser o máis representativo e competente posible nos sectores concernidos e no territorio do Programa. Terase moi en conta a capacidade técnica, administrativa e financeira daqueles beneficiarios potenciais que participen en varias propostas.

Financiamento

Ningún importe mínimo ou máximo do custo total subvencionable do proxecto está establecido. Corresponde ao partenariado presentar un orzamento equilibrado e realista que sexa coherente coas actividades e realizacións previstas.
Tras a segunda fase, no caso de que un proxecto obtivese a puntuación necesaria para ser aprobado polo comité de programación, este poderá axustar á baixa o seu Plan Financeiro. O montante mínimo a respectar polos beneficiarios é de 100.000 euros de gasto total subvencionable para todas as entidades, salvo as empresas  para as que o importe mínimo a respectar é de 5.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

A segunda convocatoria do Programa para o período 2014-2020 ábrese para dúas prioridades temáticas do programa, con orzamento FEDER de 25 millóns de euros, repartido da seguinte forma:
  • EIXO PRIORITARIO 1- Investigación e innovación: 16 millóns de euro
  • EIXO PRIORITARIO 5- Medio Ambiente e eficiencia dos recursos: 9 millóns de euro.

Data de publicación

09/02/2017

Data límite de solicitude

31/03/2017

Documentación

Contacto

Autoridade Nacional en España
Ministerio de Facenda e Funcción Pública
Dirección Xeral de Fondos Comunitarios
Paseo da Castelá 162
28046 Madrid
ROSARIO NETO BORRAJO
Tel: +34 91 583 52 67
Fax: +34 91 583 73 17

Secretaría Conxunta: a través da páxina Web ou por email scsudoe@interreg-sudoe.eu 

Procuras de Socios

O Centro Tecnolóxico do Mármore da Región de Murcia (España) busca socios interesados en participar nunha proposta de proxecto, PETRA +, no marco do Programa INTERREG SUDOE - Proxecto de cooperación transnacional para a conservación e protección do patrimonio natural da Sector da pedra natural na zona SUDOE.

Comentarios

Haberá dúas fases:
  • Primeira fase aberta do 13 ata o 31 de marzo de 2017 ás 12h00 (hora local de Santander).
  • Segunda fase: data provisional xullo- setembro de 2017.
Os promotores de proxecto deberán presentar a súa candidatura a través da aplicación informática eSudoe, onde atoparán todos os formularios oficiais que cumprimentar.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante