Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Primeira convocatoria do Programa Interreg Sudoe

Programa

PROGRAMA DE COOPERACIÓN INTERREG SUDOE V-B

Obxectivo xeral

Apoiar o desenvolvemento rexional no Suroeste europeo contribuíndo á estratexia Europa 2020 para un crecemento intelixente, sostible e integrador.

Obxectivo específico da convocatoria

1. Promover as capacidades de innovación para un crecemento intelixente e sostible.
2. Fomentar a competitividade e a internacionalización das PEMEs do Suroeste europeo.
3. Contribuír a unha maior eficiencia das políticas en materia de eficacia enerxética.
4. Previr e xestionar os riscos de xeito máis eficaz.
5. Protexer o medio ambiente e promover a eficacia dos recursos.

Eidos de actuación

- Competitividade
- Crecemento verde e sostible

Destinatarios

Poden ser:
I. Organismos públicos
II. Organismos de dereito público
III. Entidades privadas sen ánimo de lucro
IV. Entidades privadas con ánimo de lucro e/ou empresas. As empresas non poden ser beneficiario principal.

Os beneficiarios do programa deben estar localizados no territorio elixible do Programa Interreg Sudoe:
- España: Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Comunidade Foral de Navarra, A Rioxa, Aragón, Comunidade de Madrid, Castela e León, Castela A Mancha, Estremadura, Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Andalucía, Rexión de Murcia, Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
- Francia: Poitou-Charentes, Arquitaine, Midi-Pyrénées, Limousin, Auvergne, Languedoc-Roussillon
- Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa, Alentejo
- Reino Unido: Xibraltar
- Principado de Andorra (as entidades deste territorio que participen en proxectos Sudoe non poderán recibir axuda FEDER).

Socios

O número mínimo de beneficiarios que deberá ter un proxecto é de dous beneficiarios pertencentes polo menos a dous países participantes. Polo menos un debe proceder dun Estado membro.

As empresas non poderán ser beneficiario principal.

Daráselle prioridade aos proxectos compostos, polo menos, por dous Estados membros da UE participantes no Programa Sudoe.

Financiamento

En ningún caso a participación do FEDER poderá superar o 75% do custo total subvencionable do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A axuda FEDER dispoñible para a primeira convocatoria ascende a 40,2 millóns de euros para os cinco eixos prioritarios.

O reparto orientativo é o seguinte:

- Eixo prioritario 1: 15,8 millóns de euros
- Eixo prioritario 2: 6 millóns de euros
- Eixo prioritario 3: 4,7 millóns de euros
- Eixo prioritario 4: 5,1 millóns de euros
- Eixo prioritario 5: 8,6 millóns de euros

Data de publicación

21/09/2015

Data límite de solicitude

06/11/2015

Documentación

Contacto

Secretaría Conjunta Sudoe
Plaza del Príncipe, 4, 1ª planta. 39003 Santander. España
scsudoe@interreg-sudoe.eu T. (+34) 942 23 83 62 F. (+34) 942 23 84 28

Autoridad de Gestión Sudoe
Plaza del Príncipe, 4, 2ª planta. 39003 Santander. España
aug@interreg-sudoe.eu T. (+34) 942 31 84 20 F. (+34) 942 37 23 29

Comentarios

As datas anteriores fan referencia á primeira fase, que está actualmente aberta. Está previsto que a segunda fase abra no primeiro trimestre de 2016.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante