Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Primeira convovatoria para a presentación de proxectos do programa de cooperación INTERREG V A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020.

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)

Obxectivo xeral

Apoiar a cooperación transfronteiriza para favorecer o desenvolvemento rexional integrado entre rexións veciñas fronteirizas.

Eidos de actuación

Reforzo da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.
Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos.
Preservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
Mellorar a capacidade institucional das autoridades públicas e as partes interesadas e a eficiencia da administración pública.

Destinatarios

Entidades coa sede no territorio do programa (NUT III), que desenvolvan as súas actividades no mesmo ou que teñan competencias para actuar nese territorio.

Socios

Ha de haber dous beneficiarios, como mínimo, un de cada estado; a non ser que se trate dunha AECT transfronteiriza, algunha das figuras xurídicas previstas no tratado de Valencia ou organismos internacionais que se adecuen aos obxectivos do programa.

Financiamento

Máximo 75%

Orzamento total da convocatoria

190.147.285 EUR

Data límite de solicitude

18/12/2015

Documentación

Contacto

coopera2020@poctep.eu

Procuras de Socios

POCTEP. VILAS CREATIVAS. UNHA OPORTUNIDADE DE EMPREGO XUVENIL

O proxecto está ecnamiñado a crear unha rede de espazos colaborativos onde se ofrecen servizos de acompañamento a potenciais emprendedores e emprendedoras que centren a súa actividade económica nas actividades culturais e creativas. A partir dun diagnóstico inicial definiranse os posibles recursos culturais e artísitcos susceptibles de xerar emprego entre a xuventude.

Proxecto EUROINCUBADORA

EUROINCUBADORA nace coa finalidade de dar respostas aliñadas coa estratexia EUROPA 2020 e coas estratexias de especialización intelixente a nivel territorial ás empresas da zona Alentexo, Centro e Estremadura. Para iso, dende a rede de EUROINCUBADORAS que se creará a tales efectos prestaranse os seguintes servizos con carácter xeral.

Comentarios

As solicitudes presentaranse de forma telemática a través do sistema COOPERA 2020 antes das 14:00 horas (hora peninsular española) do día sinalado.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante