Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

INTERREG EUROPE (3ª Convocatoria)

Programa

INTERREG EUROPE 2014-2020

Obxectivo xeral

O programa INTERREG EUROPE busca mellorar a implementación de políticas e programas de desenvolvemento rexional, especialmente os programas de Investimento para o Crecemento e o Emprego e Cooperación Territorial Europea, promovendo o intercambio de experiencias e a aprendizaxe de políticas entre os actores de relevancia rexional.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria financia proxectos de cooperación interregional, é dicir, partenariados formados por organizacións políticas relevantes de diferentes países de Europa que traballarán xuntas entre 3 e 5 anos para intercambiar as súas experiencias nalgunha cuestión política concreta. Cada rexión implicada no proxecto de cooperación elaborará un plan de acción, especificando as medidas para adoptar en cada rexión para asegurar que as leccións aprendidas grazas ao proxecto son postas en práctica. Os proxectos requirirán un proceso de monitoraxe dos plans de acción para determinar o impacto da mencionada cooperación.

Eidos de actuación

Os solicitantes deberán presentar un proxecto sobre un dos eixos prioritarios seguintes:
-Eixo prioritario 1. Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
-Eixo prioritario 2. Competitividade das PEME.
-Eixo prioritario 3. Economía baixa en carbono .
-Eixo prioritario 4. Medio ambiente e eficiencia enerxética.

Aínda que, priorizaranse aqueles proxectos que traten sobre eixos prioritarios infrarrepresentados, en particular o eixo prioritario 4.

Destinatarios

-Autoridades públicas locais, rexionais e nacionais.
-Autoridades de xestión e corpos intermedios encargados dos programas de cooperación territorial europea de Investimento para o Crecemento e o Emprego.
-Axencias, institutos de investigación, organizacións temáticas e Ong.
Estas organizacións deben estar establecidas nalgún dos Estados Membros da UE, en Suíza ou en Noruega.

Socios

Os proxectos implicarán a socios de, polo menos, tres países diferentes, dos cales mínimo dous socios deberán de pertencer a algún Estado Membro da UE e ser financiado polo Programa Interreg Europe.

Financiamento

A porcentaxe de cofinanciación varía segundo a condición legal e a procedencia do socio:

85% procedente do FEDER: organismos públicos e entes de Dereito público dos 28 Estados Membros.

75% procedente do FEDER: organizacións privadas sen ánimo de lucro dos 28 Estados Membros.

50% procedente do Fondo Noruegués: entidades públicas, entes de Dereito público e organizacións sen ánimo de lucro de Noruega.

Duración do proxecto

De 3 a 5 anos.

Data de publicación

07/02/2017

Data límite de solicitude

30/06/2017

Documentación

Contacto

Para máis información deberá dirixirse a application@interregeurope.eu ou visitar a páxina http://www.interregeurope.eu/contact-us/?non_cache=1

Procuras de Socios

Intercambio de experiencias acerca da Etiqueta Ecolóxica Europea para o Turismo- Interreg Europa/ Andalucía (España)

Este ano é o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Andalucía está interesada en participar nun proxecto Interreg Europa relacionado coa Etiqueta ecolóxica para o aloxamento turístico.

Desafíos e estratexias para as cidades máis pequenas nas áreas metropolitanas- Interreg Europa/ Consello do Condado de Akershus (Noruega)

O Consello do Condado de Akershus busca socios para presentar un proxecto no marco do Programa Interreg Europe (Obxectivo específico 3.1 mellorar as políticas de economía baixa en carbono).O proxecto proposto centrarase no papel das cidades máis pequenas da área metropolitana na economía baixa en carbono.

Open SITMUN/ Deputación de Barcelona

O obxectivo principal é desenvolver unha ferramenta interoperable e de código aberto (Open SITMUN) para xestionar, analizar e intercambiar información espacial, orientada ás necesidades supramunicipais e municipais na xestión da terra e o medio ambiente.
O OPEN SITMUN será unha ferramenta básica para as infraestruturas de datos espaciais municipais e supra-municipais.

Procura de socios só para institucións polacas/ Rexión de Mazovia (Polonia)

Acción para procurar un apoio e incremento da innovación nas PEME en países menos desenvolvidos, a internacionalización e aumento do potencial económico das PEME, o aumento da competitividade e apoio á creación e desenvolvemento de clusters e redes de cooperación nas PEME

RICH-Renovación creativa do patrimonio cultural/ Eslovaquia

A finalidade desta búsqueda de socios é a de fomentar alianzas creativas máis fortes entre as industrias culturais e creativas (”ICC”) e os propietarios de patrimonio cultural ”tradicional” para desenvolver novas formas de utilización do patrimonio cultural por parte das ICC. O patrimonio cultural tradicional ofrece traballo ”material” e un espazo único para os produtos CCI, mentres que ao mesmo tempo pode servir como canle de distribución eficaz para os produtos CCI. Como resultado, esta colaboración beneficiosa crea unha experiencia pública única e un desenvolvemento económico positivo para as institucións culturais con moitos efectos indirectos na economía local e rexional, incluíndo o crecemento do emprego.
Esta asociación beneficia a ambas as partes, onde as CCI obteñen unha importante fonte de inspiración e demanda dos seus produtos, por outro as institucións culturais enriquecen os seus espazos con actividades atractivas que potencian o seu potencial económico facéndoas menos dependentes do financiamento público O obxectivo do proxecto é, coa axuda de datos concretos, crear un modelo de financiamento público que apoie a incorporación das actividades das ICC no medio ambiente do patrimonio cultural tradicional.

”Barcelona Smart Region Initiative”/ Deputación de Barcelona

O obxectivo do proxecto é promover a interoperabilidade e a integración de solucións locais intelixentes e o acceso aberto aos datos a nivel rexional

Protección do medio ambiente e promoción da eficiencia dos recursos/ Junta de Andalucía (España)

O crecemento ecolóxico rexional tamén require políticas ambientais que conduzan a un uso máis eficiente do aire, a auga, os residuos e o chan.
A cooperación interregional pode permitir ás rexións desenvolver estratexias integradas de crecemento rexional sustentable baseadas nun uso máis eficiente dos recursos.
Para xerar un crecemento sustentable, as rexións deben crear unha economía na que a eficiencia dos recursos, as tecnoloxías ecolóxicas e a ecoinnovación sexan motores do crecemento e o emprego.

CULTOURALL: Estratexias participativas para a gobernanza e a xestión do patrimonio cultural dirixidas ao desenvolvemento local e ao posicionamento turístico creativo - Interreg Europa / Concello de Timis (Rumanía)

O Concello de Timis (Rumanía) ten previsto participar como socio na prosposta de proxecto da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña “CULTOURALL: Estratexias participativas para a gobernanza e a xestión do patrimonio cultural dirixidas ao desenvolvemento local e ao posicionamento turístico creativo”, no marco da cuarta convocatoria do Programa Interreg EUROPA (data límite: 22 de xuño de 2018). 

Comentarios

A terceira convocatoria de propostas de proxectos permanecerá aberta desde o 1 de marzo  ata o 30 de xuño de 2017 ás 12.00 horas (mediodía).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante