Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

INTERREG EUROPE (2ª convocatoria)

Programa

INTERREG EUROPE 2014-2020

Obxectivo xeral

O programa INTERREG EUROPE busca mellorar a implementación de políticas e programas de desenvolvemento rexional, especialmente os programas de Investimento para o Crecemento e o Emprego e Cooperación Territorial Europea, promovendo o intercambio de experiencias e a aprendizaxe de políticas entre os actores de relevancia rexional.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria financia proxectos de cooperación interrexional, é dicir, partenariados formados por organizacións políticas relevantes de diferentes países de Europa que traballarán xuntas entre 3 e 5 anos para intercambiar as súas experiencias nalgunha cuestión política concreta. Cada rexión implicada no proxecto de cooperación elaborará un plan de acción, especificando as medidas para adoptar en cada rexión para asegurar que as leccións aprendidas grazas ao proxecto son postas en práctica. Os proxectos requirirán un proceso de monitoraxe dos plans de acción para determinar o impacto da mencionada cooperación.

Eidos de actuación

Os solicitantes deberán presentar un proxecto sobre un dos eixos prioritarios seguintes:
-Eixo prioritario 1. Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
-Eixo prioritario 2. Competitividade das PEME.
-Eixo prioritario 3. Economía baixa en carbono .
-Eixo prioritario 4. Medio ambiente e eficiencia enerxética.

Aínda que, priorizaranse aqueles proxectos que traten sobre eixos prioritarios infrarrepresentados, en particular o eixo prioritario 4.

Destinatarios

-Autoridades públicas locais, rexionais e nacionais.
-Autoridades de xestión e corpos intermedios encargados dos programas de cooperación territorial europea de Investimento para o Crecemento e o Emprego.
-Axencias, institutos de investigación, organizacións temáticas e ONG.

Estas organizacións deben estar establecidas nalgún dos Estados Membros da UE, en Suíza ou en Noruega.

Socios

Os proxectos implicarán a socios de, polo menos, tres países diferentes, dos cales mínimo dous socios deberán de pertencer a algún Estado Membro da UE e ser financiado polo Programa Interreg Europe.

Financiamento

A porcentaxe de cofinanciación varía segundo o status legal e a procedencia do socio:

85% procedente do FEDER: organismos públicos e entes de Dereito público dos 28 Estados Membros.

75% procedente do FEDER: organizacións privadas sen ánimo de lucro dos 28 Estados Membros.

50% procedente do Fondo Noruegués: entidades públicas, entes de Dereito público e organizacións sen ánimo de lucro de Noruega.

Duración do proxecto

 De 3 a 5 anos.

Data de publicación

05/04/2016

Data límite de solicitude

13/05/2016

Documentación

Contacto

Para máis información deberá dirixirse a application@interregeurope.eu

Procuras de Socios

Proxecto Interreg Europe - España

Como axente crave partícipe das políticas do sector, TECNOVA estaría moi interesada en unirse a unha idea de proxecto para presentar na próxima convocatoria de INTERREG EUROPE, posto que a súa misión é achegar valor, promover a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, favorecendo a competitividade das empresas do sector nun marco internacional. Neste sentido, as súas principais liñas de investigación no sector da agricultura céntranse en áreas tan relevantes como a nutrición e produción vexetal, calidade e seguridade alimentaria, biotecnoloxía e saúde, xestión ambiental sustentable, enerxía renovables, eficiencia enerxética, tratamento de residuos, xestión da auga, técnicas e procedementos de postcosecha.

EUROPEAN NETWORK FOR THE PROMOTION OF CYCLE TOURISM IN NATURAL AREAS- Eco-cycle – Huelva (España)

O proxecto levará a cabo en dúas fases:

1ª) Intercambio de experiencias entre os socios e implementación das leccións aprendidas a partir da cooperación.

2ª) Monitoraxe dos plans de acción mediante accións piloto.

A duración total do proxecto será de 5 anos, 3 deles para desenvolver a primeira fase e 2 para a segunda.

O orzamento do proxecto será de, aproximadamente, dous millóns de euros (85% de FEDER).

Proxecto Interreg Europe- Andalucía (España)

O obxectivo do proxecto é apoiar aos gobernos rexionais no proceso de fomento da innovación dentro dos sistemas rexionais de xestión da auga a través da aprendizaxe mutua e o intercambio de coñecementos entre actores rexionais.

Proxecto Interreg Europe - Vila Real de Santo Antonio (Portugal)

O municipio de Vila Real de Santo Antonio procura participar en cooperacións e actividades de distintos sectores temáticos como socio no ámbito dos Programas Comunitarios 2014 – 2020, particularmente INTERREG EUROPE, MED, ESPAZO ATLANTICO, SUDOE, URBACT e ENI-CBC.

Solucións intelixentes para unha vida mellor – Bulgaria

Apoiar ás PEMEs europeas na aprendizaxe de boas prácticas, o uso de solucións innovadoras para que se beneficien do mercado común. Este enfoque empoderará o crecemento da economía da UE.

Proxecto Interreg Europe sobre a Economía Circular– Países Baixos

A provincia de Gelderland quere participar nun proxecto Interreg Europe centrado no obxectivo temático 6: “medioambiente e eficiencia de recursos”.

S.M.A.C. - Museos Pequenos en Países
Provincia de Padua, Véneto (rexión), Italia

Mellorar os instrumentos políticos dirixidos aos operadores culturais privados e públicos que operan nos sectores de museos e exposicións co fin de mellorar a súa capacidade de atraer e xestionar fondos públicos e privados.

Comentarios

A segunda convocatoria de propostas de proxectos permanecerá aberta desde o 4 de abril ata o 13 de maio de 2016 ás 12.00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante