Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Rexistros de enfermidades raras – PJ-06-2016

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Obxectivo xeral

Apoiar ou financiar e engadir valor ás políticas dos Estados membros para mellorar a saúde dos cidadáns da Unión Europea e reducir as desigualdades no eido sanitario promovendo a saúde, fomentando a innovación na saúde, incrementando a sustentabilidade dos sistemas de saúde e protexendo aos cidadáns europeos de graves ameazas transfronteirizas para a saúde.

Eidos de actuación

1. Para promover a saúde, previr enfermidades e fomentar ambientes de apoio para levar estilos de vida saudables: identificar, difundir e promover a utilización de boas prácticas baseadas en medidas eficaces e rendibles de promoción da saúde e prevención de enfermidades, abordando os principais factores de risco relacionados co estilo de vida centrándose no valor engadido europeo.


2. Co fin de protexer aos cidadáns europeos fronte a graves ameazas transfronteirizas para a saúde: identificar e desenvolver enfoques ou plantexamentos coherentes e promover a súa aplicación para unha mellor preparación e coordinación en emerxencias sanitarias.

3. Co fin de apoiar a creación de capacidades na saúde pública e contribuír a sistemas de saúde que sexan innovadores, eficientes e sustentables: identificar e desenvolver instrumentos e mecanismos a nivel europeo para facer fronte á escaseza de recursos tanto humanos como financeiros, e facilitar a adopción voluntaria de innovacións na intervención no ámbito da saúde pública e nas estratexias de prevención.

4. Para facilitar o acceso  a unha asistencia sanitaria mellor e máis segura para os cidadáns da Unión: aumentar o acceso a coñecementos médicos e información para condicións específicas tamén máis aló das fronteiras nacionais, facilitar a aplicación dos resultados da investigación e desenvolver ferramentas para mellorar a calidade sanitaria e a seguridade do paciente, a través de, entre outras cousas, accións que contribúen á mellora dos coñecementos en saúde. 

Destinatarios

Tal como se establece no artigo 12 da Directiva relativa á aplicación dos dereitos dos pacientes na asistencia sanitaria transfronteiriza, a creación de rexistros será un dos obxectivos nas redes europeas de referencia. Por tanto, a presente convocatoria e a cofinanciación proposta pola UE limítanse ás propostas procedentes das redes de referencia europeas aprobadas.  Concretamente, son elixibles no marco da presente convocatoria, xa sexa como coordinadores ou  asociados, organizacións solicitantes que sexan membros de redes de referencia europeas oficiais e que están comprendidas no ámbito de aplicación da Directiva 2011/24 / UE57, que foron valoradas positivamente e aprobadas polo Consello dos  Estados Membros

As solicitudes de subvención son elixibles cando se presentan por persoas xurídicas.  Concretamente, os solicitantes teñen que ser organizacións legalmente establecidas, autoridades públicas, organismos do sector público, en particular institucións de investigación e de saúde, universidades e establecementos de ensino superior.

A solicitude deberá indicar a condición xurídica do solicitante. 

Socios

Os solicitantes que participan nunha proposta de proxecto deben ser entidades xurídicas diferentes (independentes entre si) de polo menos 3 países que participen no Programa de Saúde. As propostas que involucren menos solicitantes, serán rexeitadas. 

Ter en conta que o cumprimento dos criterios de elixibilidad avaliarase en función do contido da solicitude. 

Financiamento

A subvención da UE limítase a unha porcentaxe máxima de cofinanciación do 60% dos custos elixibles por cada solicitante. En caso de utilidade excepcional, pode concederse ata un 80% por solicitante.

Orzamento total da convocatoria

O importe total desta convocatoria é de 1.200.000 Euros

Duración do proxecto

A duración máxima dun proxecto é de 36 meses. A solicitude de subvención debe especificar a data de inicio programada (se é posible) e a duración da acción.

Data de publicación

21/12/2016

Data límite de solicitude

21/03/2017

Documentación

Comentarios

El plazo para solicitar esta convocatoria termina a la 17:00:00 (horario de Bruselas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante