Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto: Cursos de prevención primaria para mozas que viven en áreas de maior risco de cancro de peito - PP-2-5-2016

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Obxectivo específico da convocatoria

Con esta convocatoria búscase co-financiar un proxecto piloto orientado á prevención de cancro en rapazas que vivan en zonas identificadas como áreas de risco, ou áreas con exceso de casos que padecen cancro de mama. Este proxecto deberá estudar se reducindo os riscos se podería reducir tamén a posible incidencia en novos casos. Por iso, necesítanse evidencias dun amplo abano de estudos científicos para detectar un estilo de vida específico ou factores de comportamento que puidesen contribuír ao risco de cancro de peito. Agora os investigadores tamén son conscientes de que o risco de cancro de peito desenvólvese nunha etapa temperá da vida e se vai estendendo ao longo da súa vida.


Este proxecto deberá identificar accións específicas que as mulleres e os seus médicos poden realizar para reducir o risco canceríxeno nos sectores de poboación máis novos, e amosar que arredor dun 50-70% do cancro de peito pode ser prevido nunha etapa temperá.

Eidos de actuación

As áreas prioritarias que han de ser implementadas a través da presente convocatoria son:

  • Este proxecto deberá identificar un certo número de rexións xeográficas na Unión Europea que presentan os maiores ratios de cancro de peito debido aos factores ambientais identificables. A selección das áreas piloto para implementar este proxecto deberían conter diversidade xeográfica e incluír diferentes

  • O obxectivo clave deste proxecto piloto é establecer a evidencia científica de que ditos factores ambientais están en relación coas áreas de altas ratios de cancro de peito, co gallo de mellorar a situación dos cidadáns que viven nunha área intersectorial.

  • A prioridade na análise e nas accións a ser propostas debería concederse ás cohortes de ideade máis baixas, en completa compatibilidade e complementariedade coa Política da UE sobre a prevención e temperá detección do cancro de peito.

  • O proxecto deberá centrarse na contaminación de terra e auga provocada polos axentes contaminantes e incluír especificamente as áreas industriais, así como a eliminación ilegal de residuos tóxicos. Este proxecto piloto aborda, como xa se mencionou antes, áreas onde estatisticamente a incidencia de cancro de peito é superior á media.

  • Este proxecto será levado a cabo en forma de estudo para revisar a evidencia dos axentes contaminantes e o seu impacto na saúde, especificamente no cancro de peito, con total xustificación científica de calquera acción proposta.

Destinatarios

Poden concorrer a esta convocatoria calquera persoa xurídica, pero máis especificamente as organizacións legalmente establecidas, autoridades públicas, axentes do sector público, e, en particular, institucións de saúde e investigación, universidades e entidades de educación superior.

Socios

As propostas deben ser remitidas por un consorcio de diferentes entidades legais establecidas en, polo menos, dous diferentes Estados membros.

Financiamento

A Comisión pode co-financiar o proxecto até o máximo do 60% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para a subvención deste proxecto é de 500.000€.

Duración do proxecto

O proxecto ha de ter unha duración máxima de 36 meses. En ningún caso se admitirán nesta convocatoria as accións que xa tiveran comezado con anterioridade ao rexistro de solicitude de axuda.

Data de publicación

27/10/2016

Data límite de solicitude

31/01/2017

Documentación

Contacto

SANTE-PP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo remata ás 17H (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante