Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto – Integrate: desenvolvemento de estratexias integradas para medir e tratar enfermidades reumáticas: o rol dos indicadores de calidade e da información reportada polos pacientes ademais da avaliación médica dos danos e actividade da enfermidade - PP-2-4-2016

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Obxectivo específico da convocatoria

O propósito deste proxecto piloto é explorar o potencial dos indicadores de calidade xunto coa información reportada polos pacientes, ademais dos procedementos máis tradicionais como os informes médicos, co obxectivo de desenvolver unha estratexia efectiva para previr e tratar enfermidades músculo-esqueléticas, como as enfermidades reumáticas. O proxecto hase de centrar nas enfermidades reumáticas de tecido conectivo, tendo en conta a multimorbilidade e a necesidade de coidados integradores para ditos pacientes.
O proxecto ha de tomar nota doutros proxectos existentes e unir accións no eido das enfermidades crónicas para lograr sinerxias e evitar que se solapen actividades. Os resultados do proxecto deberán dar lugar preferentemente ao desenvolvemento de boas prácticas na área específica de control e tratamento de enfermidades crónicas e reumáticas.

Eidos de actuación

As áreas prioritarias que han de ser implementadas a través da presente convocatoria son:

  • Xeralmente recoñécese que o cadro clínico observado en moitas enfermidades crónicas (como a diabetes, as enfermidades cardiovasculares, os trastornos neurolóxicos e as enfermidades reumáticas) é o produto da combinación de diferentes compoñentes: actividade da enfermidade, dano consecuente á propia enfermidade ou ao tratamento, ás comorbilidades, á toxicidade dos fármacos ou á calidade de vida. Polo tanto, o tratamento óptimo e xestión de enfermidades crónicas significa ter en conta todos eses factores.

  • En particular, as enfermidades músculo-esqueléticas, como as enfermidades reumáticas están asociadas acotío a outras condicións crónicas, como a diabetes, ás enfermidades de autoinmunidade, cardiovasculares ou mentais, como a depresión. Porén, as condicións músculo-esqueléticas non están sempre consideradas como prioridades na prevención de enfermidades crónicas.

Destinatarios

Poden concorrer a esta convocatoria calquera persoa xurídica, pero máis especificamente as organizacións legalmente establecidas, autoridades públicas, axentes do sector público, e, en particular, institucións de saúde e investigación, universidades e entidades de educación superior.

Socios

As propostas deben ser remitidas por un consorcio de diferentes entidades legais establecidas en, polo menos, dous diferentes Estados membros.

Financiamento

A Comisión pode co-financiar o proxecto até o máximo do 60% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para a subvención deste proxecto é de 500.000€.

Duración do proxecto

O proxecto ha de ter unha duración máxima de 24 meses. En ningún caso se admitirán nesta convocatoria as accións que xa tiveran comezado con anterioridade ao rexistro de solicitude de axuda.

Data de publicación

27/10/2016

Data límite de solicitude

31/01/2017

Documentación

Contacto

SANTE-PP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo remata ás 17H (Bruxelas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante