Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto: Desordes mentais severos e o risco de violencia: camiños a través dos coidados e das estratexias de tratamentos efectivos - PP-2-3-2016

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Obxectivo específico da convocatoria

As desordes mentais representan un importante problema en Europa, xa que afectan tanto ás vidas das persoas con problemas mentais como á sociedade no seu conxunto. Son grandes os esforzos que se teñen feito, mais, só arredor da metade das persoas con desordes mentais severos ten acceso aos tratamentos axeitados, pese ás custosas intervencións de tratamento e prevención. Isto empeora para aquelas persoas con desordes máis moderadas. Ademais, a cobertura de intervencións de prevención é menor.


Os Estados membros e a UE no seu conxunto asinaron a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades, a cal recoñece dereitos importantes para as persoas con desordes mentais de longa duración, como o dereito a non recibir tratamento sen o seu consentimento.


Neste contexto, e tendo en conta os diferentes enfoques que existen dentro dos países da Unión, é necesario un proxecto europeo que combine un imporante conxunto de países representativos para desenvolver ferramentas e recomendacións para as autoridades públicas competentes neste tema.

Eidos de actuación

As áreas prioritarias que han de ser implementadas a través da presente convocatoria son:

  • Identificar os factores asociados ao risco de auto-violencia ou violencia cara outras persoas en pacientes con desordes mentais severos.

  • Avaliar as ferramentas capaces de predicir o risco de violencia para o seu uso no proceso de toma de decisións públicas.

  • Avaliar os tratamentos eficaces en pacientes, tanto hospitalizados como ambulatorios, co fin de asistir á planificación das servizos (clínicas, xestores, lexisladores e gobernos) no desenvolvemento de medidas preventivas e de apoio.

  • Comparar as variacións nacionais nas vías de entrada e saída de atención, incluíndo os servizos de seguridade especializados en diferentes países.

  • Os resultados esperados deben prover información con valor engadido europeo para mellorar a calidade dos coidados de saúde mental para a poboación en países con diferentes sistemas legais e de saúde.

Destinatarios

Poden concorrer a esta convocatoria calquera persoa xurídica, pero máis especificamente as organizacións legalmente establecidas, autoridades públicas, axentes do sector público, e, en particular, institucións de saúde e investigación, universidades e entidades de educación superior.

Socios

Las propuestas deben ser remitidas por un consorcio de diferentes entidades legales establecidas en, por lo menos, dos diferentes Estados miembros.

Financiamento

A Comisión pode co-financiar o proxecto até o máximo do 60% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para a subvención deste proxecto é de 1.200.000€.

Duración do proxecto

O proxecto ha de ter unha duración máxima de 36 meses. En ningún caso se admitirán nesta convocatoria as accións que xa tiveran comezado con anterioridade ao rexistro de solicitude de axuda.

Data de publicación

27/10/2016

Data límite de solicitude

31/01/2017

Documentación

Contacto

SANTE-PP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo remata ás 17H (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante