Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto: Mentally – Acceso e mellora aos coidados de saúde mental - PP-2-2-2016

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Obxectivo específico da convocatoria

A través desta convocatoria búscase mitigar algunhas carencias dos actuais tratamentos e coidados aplicados a persoas con problemas de saúde mental, como a falta de coidados profesionais que a metade de pacientes non reciben, provocando o risco de que as súas condicións empeoren e estas persoas necesiten coidados máis intensos, custosos e duradeiros; ou coma o sobre-tratamento aos pacientes que reciben innecesariamente psicofármacos ou que permanecen excesivo tempo en coidados de saúde mental.

Eidos de actuación

As áreas prioritarias que han de ser implementadas a través da presente convocatoria son:

  • Desenvolver e probar un marco de múltiple aplicación sobre os países europeos e os grupos de interese co gallo de lograr o axeitado e necesitado acceso aos coidados de saúde mental (en termos de diagnóstico e tratamento en mulleres e homes) coa estreita colaboración de ditos grupos relevantes dentro do campo da saúde mental. Este proxecto debería axudar a reducir o excesivo tratamento naqueles individuos con angustia mental que non necesitan axuda especializada e a facilitar un mellor coidado para aqueles que si o precisan.

  • Incrementar as competencias dos profesionais de coidados primarios, avaliar a organización e a capacidade dos sistemas de coidados, e mellorar os resultados dos pacientes, desenvolvendo ferramentas diferentes.

  • As recomendacións faranse para optimizar o proceso de referencia relacionados coas desordes mentais e para facilitar unha guía de tratamentos baseados na evidencia, con vistas a mellorar os resultados dos pacientes e a diminuír as desigualdades.

Destinatarios

Poden concorrer a esta convocatoria calquera persoa xurídica, pero máis especificamente as organizacións legalmente establecidas, autoridades públicas, axentes do sector público, e, en particular, institucións de saúde e investigación, universidades e entidades de educación superior.

Socios

As propostas deben ser remitidas por un consorcio de diferentes entidades legais establecidas en, polo menos, dous diferentes Estados membros.

Financiamento

A Comisión pode co-financiar o proxecto até o máximo do 60% dos custos elixibles

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para a subvención deste proxecto é de 400.000€.

Duración do proxecto

O proxecto ha de ter unha duración máxima de 24 meses. En ningún caso se admitirán nesta convocatoria as accións que xa tiveran comezado con anterioridade ao rexistro de solicitude de axuda.

Data de publicación

27/10/2016

Data límite de solicitude

31/01/2017

Documentación

Contacto

SANTE-PP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo remata ás 17H (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante