Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto: Establecer un Rexistro de Malformacións Conxénitas Raras (como parte do Rexistro de Enfermidades Raras), inspirándose na estrutura, organización e experiencia do Rexistro de Malformacións Conxénitas - PP-2-1-2016

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Obxectivo xeral

O obxectivo da Comisión Europea é implementar accións para o recoñecemento eficiente, prevención, diagnose, tratamento, coidado e investigación de enfermidades raras en Europa, baseándose nos beneficios da colaboración a escala europea. As características das enfermidades raras -o número limitado de pacientes e escaseza de coñecemento e experiencia- distínguenas como dominio único de alto valor engadido europeo.

Eidos de actuación

As áreas prioritarias que han de ser implementadas a través da presente convocatoria son:

  • A implementación a nivel nacional do obxectivo clave deste proxecto piloto, que é a creación dun rexistro de malformacións conxénitas raras dentro do rexistro nacional de enfermidades raras.

  • O segundo obxectivo do proxecto consiste en aportar un exemplo de como estender un rexistro de malformacións ao nacer xa existente e un sistema de vixilancia a un sistema de rexistro de enfermidades raras.

  • O sistema de rexistro de malformacións ao nacer xa foi creado en varios Estados membros como parte da rede de vixilancia Eurocat. O proxecto piloto proporcionará un modelo para explorar se o rexistro de malformacións ao nacer pode ampliarse para formar un rexistro de enfermidades raras.

  • Este proxecto piloto ha de contribuír ao desenvolvemento da Plataforma Europea de Rexistro de Enfermidades Raras para ofrecer un punto común de acceso a todos os datos recompilados sobre enfermidades raras en Europa e ser compatible coas ferramentas da plataforma.

Destinatarios

Poden concorrer a esta convocatoria calquera persoa xurídica, pero máis especificamente as organizacións legalmente establecidas, autoridades públicas, axentes do sector público, e, en particular, institucións de saúde e investigación, universidades e entidades de educación superior.
As propostas poden ser remitidas por un consorcio de entidades legais ou por unha única entidade legal procedentes de calquera Estado membro.

Financiamento

A Comisión pode co-financiar o proxecto até o máximo do 80% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para a subvención deste proxecto é de 100.000€.

Duración do proxecto

O proxecto ha de ter unha duración máxima de 24 meses. En ningún caso se admitirán nesta convocatoria as accións que xa tiveran comezado con anterioridade ao rexistro de solicitude de axuda.

Data de publicación

27/10/2016

Data límite de solicitude

31/01/2017

Documentación

Contacto

SANTE-PP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo remata ás 17H (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante