Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Redes europeas de referencia (ERN) autorizadas e Contratos marco de colaboración plurianuais - ERN-01-2016

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é aportar apoio financeiro ás redes europeas de referencia (ERN) unha vez estean establecidas. As ERN son grupos de proveedores altamente especializados ó longo e ancho da UE, autorizados polas institucións seguindo un proceso de selección transparente e formal, coa finalidade de realizar de xeito exclusivo os obxectivos e tareas establecidas na Decisión Delegada da Comisión (2014/286/EU) e da Decisión de Execución da Comisión 2014/287/EU.

Eidos de actuación

As accións que poderán ser financiadas refírense á coordinación, xestión e realización de actividades non clínicas dunha ERN autorizada.

Destinatarios

Só poderá ser solicitante o coordinador da rede e este deberá ter aplicado, en nome da rede, para ser aprobado como ERN dacordo co establecido na Decisión de Execución da Comisión (2014/287/EU) cumplindo cos criterios e condicións establecidos na Decisión Delegada da Comisión (2014/286/EU).

Socios

Non consta

Financiamento

Como máximo financiarase o 60% dos custes cun máximo de 200.000. En caso de excepcional utilidade, poderá solicitarse ata un 80%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da para a cofinanciación de proxetos en 2017 é de 2.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

5 anos

Data de publicación

16/03/2016

Data límite de solicitude

21/06/2016

Documentación

Contacto

Para calqueira duda ou problema relacionado coa convocatoria, pódese mandar un e-mail a: CHAFEA-HPCALLS@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante