Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017- Consumidores- Cooperación entre as autoridades nacionais responsables da aplicación da lexislación de protección ao consumidor (CPC)

Programa

PROGRAMA DE CONSUMIDORES

Obxectivo xeral

As accións conxuntas poderán cubrir un ou máis dos seguintes aspectos das actividades de cooperación administrativa transfronteiriza en relación ao fortalecemento das capacidades de execución transfronteiriza nos Estados membros (os países da AELC/ EEE):
-Preparación para a modernización do funcionamento do Regulamento CPC e en particular as melloras da eficiencia da rede cando se trata de alertar sobre a recompilación e difusión de plans de execución e o establecemento de prioridades, o traballo cos representantes dos distintos grupos de interese, como as autoridades en cuestión ou asociacións comerciais e de consumidores.
-Abordar eficazmente as infraccións no comercio electrónico, o cal require un maior investimento na aplicación de e-capacidades nos Estados membros (como para os laboratorios de investigación da internet).

Eidos de actuación

A acción conxuntas poden cubrir un ou máis dos seguintes aspectos de cooperación administrativa transfronteiriza relacionadas co fortalecemento da execución transfronteiriza nos Estados membros (países da AELC / EEE):
-Recolección e análise de información.
-Talleres de capacitación para diferentes grupos de interese e autoridades.
-Estudos.
-Análise e asistencia legal.
-Asesoría e apoio aos investimentos en hardware e software para as investigacións da internet; e os gastos operativos para apoiar a vixilancia coordinada.
-Accións de execución (incluídas as compras de probas).

Destinatarios

Calquera persoa legal e entidade/s que non teñan personalidade xurídica baixo a correspondente lexislación nacional, a condición de que os seus representantes teñan a capacidade de asumir obrigacións por conta da entidade e ofrezan garantías para a protección dos intereses financeiros da Unión equivalentes aos que ofrecen as persoas xurídicas.

Financiamento

A contribución será, en principio, non maior do 50%. Pode, con todo, chegar ao 70%:-para accións de gran utilidade excepcional que impliquen a participación de polo menos 6 Estados membros / países EEE.
-para accións que traten infraccións que causen ou poidan causar dano en dous ou máis Estados membros da UE/ EEE.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo é de 1 000 000 EUR.

Duración do proxecto

Como regra xeral, a duración máxima das accións conxuntas oscila entre 12 e 36 meses.

Data de publicación

25/04/2017

Data límite de solicitude

12/09/2017

Documentación

Contacto

Contacto de asistencia: CHAFEA-CP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

A solicitude de aplicación só está dispoñible en liña, as propostas deben presentarse a través do Portal do participante.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante