Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Cooperación entre as autoridades nacionais encargadas da avaliación, a vixilancia do mercado e a aplicación da seguridade dos produtos e servizos de consumo non alimenticio - CHAFEA/2016/CP/GPSD-JA

Programa

PROGRAMA DE CONSUMIDORES

Obxectivo xeral

Financiar accións conxuntas específicas no eido da seguridade dos produtos e servizos non alimenticios, baixo a Directiva 2001/95/EC. As accións propostas deberán mellorar a aplicación efectiva da Directiva a través dunha maior cooperación entre autoridades nacionais responsables da avaliación, a vixilancia no mercado e o reforzamento da seguridade dos produtos e servizos de consumo non alimenticios.

Eidos de actuación

As accións conxuntas poderán cubrir un ou varios dos seguintes aspectos das actividades de cooperación administrativa transfronteiriza relativas á avaliación e reforzo dos requirimentos europeos de seguridade para produtos e servizos de consumo non alimenticios:
-Avaliación dos riscos dos produtos e servizos de consumo non alimenticios.
-Probas de produto.
-Operacións de vixilancia do mercado.
-Intercambio de coñecementos e desenvolvemento dun intercambio de mellores prácticas relacionadas coa avaliación de riscos.
-Reunións e obradoiros incluídos no proxecto.


En particular, as accións conxuntas poderán abranguer a execución das actividades coordinadas, o intercambio de información, o desenvolvemento dunha perspectiva metodolóxica común, protocolos e traballo de desenvolvemento de bases de datos.

Destinatarios

Autoridades nacionais dos EM responsables de asuntos de consumo e as autoridades correspondentes de terceiros Estados, sempre que teña sido notificado á Comisión conforme coa Directiva 2001/95/EC. Tamén entidades sen ánimo de lucro que teñan sido expresamente designadas polas autoridades nacionais.
Tamén poderán participar entidades do EEE e da EFTA.

Financiamento

Entre o 50% e o 70% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

2.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

Como máximo 36 meses.

Data de publicación

03/05/2016

Data límite de solicitude

05/07/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante