Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para Autoridades Nacionais Competentes dentro do programa “Pericles 2020” - 2016 ECFIN 001/R6

Programa

PERICLES 2020

Obxectivo xeral

Prevenir e combater a falsificación e o fraude relacionado con ela para así mellorar a competitividade da economía da Unión e asegurar a sustentabilidade das finanzas públicas.

Obxectivo específico da convocatoria

Protexer contra a falsificación de billetes e moedas e o fraude relacionado con ela, apoiando e aplicando as medidas adoptadas polos Estados Membros e axudando ás autoridades nacionais e comunitarias competentes nos seus esforzos para desenvolver entre elas e en consonancia coa Comisión, unha cooperación próxima e regular e un intercambio de boas prácticas, incluíndo terceiros Estados e organizacións internacionais cando sexa apropiado.

Eidos de actuación

  • 1)Intercambio e expansión da información, en particular a través de seminarios, encontros e xornadas, incluíndo formación, encontros sinalados e intercambios de persoal das autoridades nacionais competentes e accións similares.
  • 2)Asistencia técnica, científica e operativa.
  • 3)Subvencións para financiar a compra de equipos que vaian ser empregados por expertos en falsificación das autoridades competentes de terceros Estados coa finalidade de protexer o euro contra a falsificación, sempre e cando a compra dos equipos non sexa a única acción financiada.

Destinatarios

Os destinatarios son as autoridades nacionais competentes, tal e como veñen definidas no artigo 2.b) do Regulamento (CE) 1338/2001.13.
Os beneficiarios teñen que ser autoridades de Estados que teñan adoptado o euro como moeda única.
Ademais as medidas que se adopten deben mostrar un claro aspecto transnacional e multidisciplinar na loita contra a falsificación.

Socios

Non consta

Financiamento

Como máximo o 90% dos costos.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para o periodo do 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2020 é de 7 344 000 euros. Para o ano 2016 a cantidade prevista é de 1 038 500 euros.

Duración do proxecto

Non consta.

Data de publicación

01/02/2016

Data límite de solicitude

14/09/2016

Documentación

Comentarios

A data límite de envío de propostas é o 15 de abril de 2016, en caso de que o proxecto vaia ser aplicado a partir do 1 de setembro de 2016. Se o proxecto vai ser aplicado a partires do 1 de xaneiro de 2017, a data límite para o envío de propostas é o 14 de setembro.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante