Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa  Hércules III: Convocatoria de propostas 2020

Programa

HÉRCULES III

Obxectivo xeral

No contexto do novo marco financeiro plurianual (2021-2027), a Comisión Europea adoptou unha proposta para un novo Programa da UE de loita contra a fraude. O Programa está deseñado para apoiar os esforzos da Comisión e os Estados membros da UE en:
a loita contra a fraude e outras actividades ilegais que afectan o orzamento da UE;
a asistencia administrativa mutua no ámbito aduaneiro;
a notificación de irregularidades dos Estados membros da UE que afecten os fondos da UE.

Obxectivo específico da convocatoria

A proposta da Comisión consiste esencialmente en reproducir e mellorar o programa Hércules III e combinalo con actividades que a  OLAF xa realiza

Eidos de actuación

Medidas de asistencia técnica (10 millóns de euros) para axudar ás autoridades nacionais a adquirir ferramentas de investigación e detección, sistemas automatizados de recoñecemento de matrículas ( ANPRS), equipos forenses, etc.

Acceso a bases de datos especializadas (1,4 millóns de euros) para uso anónimo das autoridades aduaneiras e fiscais nacionais.

Capacitación, seminarios e conferencias (disponse de 4,2 millóns de euros), incluída a capacitación do persoal  operacional das aduanas ou as forzas de policía nacionais na recuperación, a seguridade e a análise da información das computadoras, as computadoras portátiles e os teléfonos intelixentes (análise forense dixital) e a posibilidade de que compartan as mellores prácticas. 

Destinatarios

As autoridades competentes dos países da Unión Europea poderán recibir subvencións para fortalecer a súa capacidade  operacional e técnica de levar a cabo investigacións sobre actividades prexudiciais para o orzamento da Unión Europea.

Financiamento

1. Asistencia técnica -  10 000 000 €
2. Formación, conferencias e intercambio de persoal - 750 000 €
3. Formación e estudos xurídicos - 500 000 €

Orzamento total da convocatoria

Hércules III conta cun orzamento total de 104,9 millóns de euros para axudar aos Estados membros da UE para loitar contra a fraude, a corrupción e outras actividades ilegais.

Data de publicación

20/03/2014

Data límite de solicitude

07/05/2020

Documentación

Contacto

https://ec.europa.eu/anti-fraud/contacts/general-contacts_en 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante