Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017 - Hercules III- Formación e estudos legáis

Programa

HÉRCULES III

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa ”será protexer os intereses financeiros da Unión, aumentando así a competitividade da economía da Unión e garantindo a protección do diñeiro dos contribuíntes”. O obxectivo específico será previr e combater a fraude, a corrupción e calquera outra actividade ilegal que afecte os intereses financeiros da Unión. O Programa é executado pola Oficina Europea de Loita contra a Fraude da Comisión Europea

Eidos de actuación

Convídase os candidatos admisibles a presentar solicitudes de subvención para accións no marco dalgún dos ámbitos seguintes:
1. o desenvolvemento de actividades de investigación de alto nivel, entre elas a realización de estudos de Dereito comparado (incluída a divulgación dos resultados e a organización dunha conferencia de clausura, cando cumpra).
2. a mellora da cooperación e a sensibilización entre os profesionais en exercicio e os círculos académicos (por medio de conferencias, incluída a organización da reunión anual dos presidentes das asociacións de Dereito penal europeo e para a protección dos intereses financeiros da UE).
3. a elaboración de publicacións científicas periódicas e outras ferramentas de divulgación do coñecemento científico.
Cada candidato só poderá presentar unha solicitude de subvención no marco desta convocatoria. A solicitude corresponderá a algunha acción enmarcada en só un dos tres ámbitos mencionados: as solicitudes que correspondan a accións enmarcadas en máis dun ámbito serán rexeitadas.

Destinatarios

Poderán optar ao financiamento no marco do Programa:
-administracións nacionais ou rexionais dun Estado membro que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros da Unión.
-centros de investigación e ensino e entidades sen ánimo de lucro, sempre que leven como mínimo un ano establecidos e en funcionamento nun Estado membro, e que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros da Unión.

Financiamento

A contribución financeira concedida non excederá do 80 % dos custos subvencionables. En casos excepcionais e debidamente xustificados, dita contribución poderá incrementarse ata como máximo o 90 % dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo dispoñible para esta convocatoria de propostas é de 500 000 EUR.

Duración do proxecto

Como máximo 12 meses.

Data de publicación

20/06/2017

Data límite de solicitude

09/08/2017

Documentación

Contacto

Toda a documentación relativa á presente convocatoria de propostas poderá descargarse no Portal do Participante mencionado no punto 5 ou no sitio da internet seguinte: http://ec.europa.eu/anti-fraud/policy/hercule_en
Calquera pregunta ou solicitude de información adicional en relación coa presente convocatoria deberá enviarse a través do citado Portal.

Comentarios

As propostas só poderán ser presentadas a través do Portal do Participante do programa Hércules.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante