Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017 - Hercules III- Formación e conferencias sobre a loita contra o fraude na UE

Programa

HÉRCULES III

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa ”será protexer os intereses financeiros da Unión, aumentando así a competitividade da economía da Unión e garantindo a protección do diñeiro dos cibuíntes”. O obxectivo específico será previr e combater a fraude, a corrupción e calquera outra actividade ilegal que afecte os intereses financeiros da Unión. O Programa é executadontro pola Oficina Europea de Loita contra a Fraude da Comisión Europea.

Eidos de actuación

1. Desenvolvemento de formacións especializadas específicas para crear redes e plataformas estruturais entre Estados membros, países candidatos, outros terceiros países e organizacións públicas internacionais a fin de facilitar o intercambio de información, experiencias e boas prácticas entre o persoal empregado polos beneficiarios; a información e as boas prácticas gardarán relación, en particular, cos riscos aos que están expostos e as vulnerabilidades de que adoecen os intereses financeiros da Unión, así como con prácticas de investigación e/ou actividades preventivas.
2. Organización de conferencias para crear redes e plataformas estruturais entre Estados membros, países candidatos, outros terceiros países e organizacións públicas internacionais a fin de facilitar o intercambio de información, experiencias e boas prácticas entre o persoal empregado polos beneficiarios; a información e as boas prácticas gardarán relación, en particular, cos riscos aos que están expostos e as vulnerabilidades de que adoecen os intereses financeiros da Unión, así como con prácticas de investigación e/ou actividades preventivas.
3. Organización de intercambios de persoal entre administracións nacionais e rexionais (en particular, en Estados membros veciños) para contribuír ao desenvolvemento, a mellora e a actualización das aptitudes e competencias do persoal en materia de protección dos intereses financeiros da Unión. Cada candidato só poderá presentar unha solicitude de subvención no marco desta convocatoria. A solicitude corresponderá a algunha acción enmarcada en só un dos tres ámbitos mencionados: as solicitudes que correspondan a accións enmarcadas en máis dun ámbito serán rexeitadas.

Destinatarios

Poderán optar ao financiamento no marco do Programa:
-administracións nacionais ou rexionais dun Estado membro que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros da Unión.
-centros de investigación e ensino e entidades sen ánimo de lucro, sempre que leven como mínimo un ano establecidos e en funcionamento nun Estado membro, e que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros da Unión.

Financiamento

A contribución financeira concedida non excederá do 80 % dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo dispoñible para esta convocatoria de propostas é de 1 000 000 EUR. O limiar mínimo para unha acción de «formación» será de 50 000 EUR. O orzamento total da acción para a que se solicita a subvención non será inferior a este limiar.

Duración do proxecto

Como máximo 15 meses.

Data de publicación

20/06/2017

Data límite de solicitude

09/08/2017

Documentación

Contacto

Toda a documentación relativa á presente convocatoria de propostas poderá descargarse no Portal do Participante mencionado no punto 5 ou no sitio da internet seguinte: http://ec.europa.eu/anti-fraud/policy/hercule_en
Calquera pregunta ou solicitude de información adicional en relación coa presente convocatoria deberá enviarse a través do citado Portal.

Comentarios

As propostas só poderán ser presentadas a través do Portal do Participante do programa Hércules

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante