Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017 - Hercules III- Asistencia técnica para a loita contra a fraude

Programa

HÉRCULES III

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa ”será protexer os intereses financeiros da Unión, aumentando así a competitividade da economía da Unión e garantindo a protección do diñeiro dos contribuíntes”. O obxectivo específico será previr e combater a fraude, a corrupción e calquera outra actividade ilegal que afecte os intereses financeiros da Unión. O Programa é executado pola Oficina Europea de Loita contra a Fraude da Comisión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria


Eidos de actuación

Convídase as administracións nacionais ou rexionais a presentar solicitudes de subvención para accións no marco dalgún dos catro ámbitos seguintes:
1. a compra e o mantemento de ferramentas e métodos de investigación, incluída a formación especializada necesaria para manexar esas ferramentas («ferramentas e métodos de investigación»);
2. a compra e o mantemento de dispositivos e animais para a inspección de colectores, camións, vagóns de tren e vehículos nas fronteiras exteriores da Unión a fin de detectar mercadorías de contrabando e falsificadas («ferramentas de detección»);
3. a compra, o mantemento e a interconexión de sistemas de recoñecemento automático das matrículas dos vehículos (Automated Number Plate Recognition Systems-ANPRS) ou os códigos dos colectores; inclúese a formación especializada necesaria para o uso destes sistemas;
4. a compra de servizos destinados a reforzar a capacidade dos Estados membros para analizar, almacenar e destruír os cigarros incautados («análises e destrución de incautacións»). Cada candidato só poderá presentar unha solicitude de subvención no marco desta convocatoria. A solicitude corresponderá a algunha acción enmarcada en só un dos catro ámbitos mencionados: as solicitudes que correspondan a accións enmarcadas en máis dun ámbito serán rexeitadas.

Destinatarios

Poderán optar ao financiamento no marco do programa as administracións nacionais ou rexionais («os candidatos») dun Estado membro que promovan o reforzo da acción da Unión Europea destinada a protexer os intereses financeiros da Unión Europea.

Financiamento

A contribución financeira concedida non excederá do 80 % dos custos subvencionables. En casos excepcionais e debidamente xustificados, dita contribución poderá incrementarse ata como máximo o 90 % dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo dispoñible para esta convocatoria de propostas é de 9 150 000 EUR.

Duración do proxecto

Como máximo 18 meses.

Data de publicación

20/06/2017

Data límite de solicitude

08/08/2017

Documentación

Contacto

Toda a documentación relativa á presente convocatoria de propostas poderá descargarse no Portal do Participante mencionado no punto 5 ou no sitio da internet seguinte: http://ec.europa.eu/anti-fraud/policy/hercule_en
Calquera pregunta ou solicitude de información adicional en relación coa presente convocatoria deberá enviarse a través do citado Portal.

Comentarios

As propostas só poderán ser presentadas a través do Portal do Participante do programa Hércules.