Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2016 - Formación para a loita contra a fraude na Unión Europea - HERCULESIII-2016-ANTI-FRAUD-TRAINING

Programa

HÉRCULES III

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas aprobouse para convidar as administracións nacionais e rexionais, así como os institutos de investigación e educativos e entidades sen ánimo de lucro a que presenten solicitudes de accións dirixidas a:
1. intercambiar experiencias e mellores prácticas entre as autoridades competentes dos países participantes, incluídos os servizos de seguridade especializados, así como representantes de organizacións internacionais;
2. difundir o coñecemento, sobre todo nunha mellor identificación dos riscos para fins de investigación.

Eidos de actuación

A Comisión (OLAF) outorgará subvencións para accións que persigan o seguinte:
-O intercambio de experiencia e boas prácticas entre as autoridades pertinentes dos países participantes, incluídos os servizos coercitivos especializados, así como representantes de organizacións internacionais.
-A difusión de coñecementos, particularmente sobre como identificar mellor o risco a efectos de investigación.
Estes obxectivos poderanse alcanzar mediante a organización de:
conferencias, seminarios, coloquios, cursos, formación en liña, simposios, talleres, formación práctica e intercambios de persoal, intercambio de boas prácticas (incluído en relación coa avaliación do risco de fraude), etc.
Deberán fomentarse os intercambios de persoal entre administracións nacionais e rexionais nos diferentes Estados membros (en particular os Estados membros veciños).

Destinatarios

Segundo especifícase no artigo 6 do programa, os solicitantes deberán ser:
-Administracións nacionais ou rexionais dun Estado membro e dun país participante que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros da Unión.
-Institutos de investigación e ensino e entidades sen ánimo de lucro, sempre que leven como mínimo un ano establecidos e en funcionamento nun Estado membro ou un país participante, e que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros da Unión.
O artigo 7, apartado 2, do programa define os países participantes distintos dos Estados membros.

Financiamento

A contribución financeira concedida non excederá do 80 % dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento global: 0,90 M€

Data de publicación

27/04/2016

Data límite de solicitude

23/06/2016

Documentación

Contacto

Información adicional: OLAF-ANTI-FRAUD-TRAINING@ec.europa.eu

Comentarios

O limiar mínimo para unha acción de «formación» será de 50 000 EUR. O orzamento total da acción para a que se solicita a subvención non será inferior a este limiar. A Comisión resérvase o dereito a non asignar todos os fondos dispoñibles.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante