Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda para a Acción da Policía: Cooperación entre os axentes da orde Silk Road Migration Route - ISFP-2016-AG-SRMR-01

Programa

FONDO DE SEGURIDADE INTERIOR

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria está dirixida a financiar proxectos na área de cooperación dos axentes da orde entre un ou máis Estados membros da Unión Europea e as respectivas autoridades de corpos policiais de Pakistán e Afganistán.
As solicitudes de proxectos en virtude desta convocatoria deberán abordar unha das seguintes prioridades:

  1. Prioridade 1: Máis efectividade na prevención, detección, investigación e prosecución das redes de tráfico de inmigrantes, a través do incremento na cooperación estratéxica e operacional entre os corpos policiais dos Estados membros e os seus homólogos en Afganistán. A cantidade indicativa para estes proxectos é de 1 millón de euros.

  2. Prioridade 2: Máis efectividade na prevención, detección, investigación e prosecución das redes de tráfico de inmigrantes, a través do incremento na cooperación estratéxica e operacional entre os corpos policiais dos Estados membros e os seus homólogos en Pakistán. A cantidade indicativa para estes proxectos é de medio millón de euros.


As solicitudes que consistan exclusivamente en estudos e/ou conferencias non serán obxecto de financiamento baixo esta convocatoria.

Eidos de actuación

Os proxectos han de lograr un ou máis dos seguintes resultados relacionados coa prevención e a loita contra os grupos de crime organizado adicados ao tráfico de inmigrantes, sen redundar en estruturas ou proxectos que xa existen. As accións específicas que se describen a continuación poderán ser empregadas tanto nos proxectos para Afganistán (prioridade 1) coma para Pakistán (prioridade 2).

  • Aumento no intercambio de información operativa e estratéxica co terceiro país relevante, permitindo investigacións de crimes máis efectivas, coa posibilidade de crear fusión de equipos de investigación ou calquera outro tipo de operacións relevantes para a execución da lei.

  • Traballo en rede, coordinación e intercambio de información entre os funcionarios de enlace dos Estados membros, incluíndo os Funcionarios Europeos de Enlace de Migración (European Migration Liaison Officers), situados na rexión, facendo uso das plataformas xa existentes, como a rede ILO ou a Plataforma de Coperación da UE para o tráfico de inmigrantes. Apoio no despregamento de funcionarios de enlace dos Estados membros e expertos para un curto período na rexión.

  • Construción da confianza, cooperación e intercambio da información entre Estados membros, autoridades policiais no terceiro país relevante, organizacións internacionais e axencias europeas, como Frontex, Europol, Eurojust e Interpol cando sexa pertinente.

  • Desenvolvemento e difusión de cursos de formación e adestramento en metodoloxías de detección, investigación e prosecución na área de tráfico de inmigrantes, incluíndo a investigación financeira e a distinción entre tráfico humano e tráfico de inmigrantes. Poderían desenvolverse programas de formación común coas institucións formativas locais.

  • Establecemento dunha base de datos entre os Estados membros e as forzas da orde relevantes, asegurando a interoperatividade coa base de datos da Interpol e a base de datos rexional deseñada para ser levada a cabo en virtude do Proxecto ICMPD Proceso de budapest “ Iniciando a Cooperación Policial Rexional”.

  • Facer uso dos mecanismos existentes para informar sobre actividades relacionadas co tráfico de inmigrantes, e se fose necesario, o apoio á creación dun centro de información, por exemplo o centro de chamadas 24/7 para denunciar, así como para comunicar de forma urxente sobre información operativa ás autoridades policiais locais relevantes para previr o tráfico de inmigrantes.

  • Provisión de equipamentos relevantes, directamente relacionados coa capacidade para construír soporte e formación.

  • Axuda para o logro de maior efectividade entre as prácticas de cooperación entre axencias, así como o establecemento de estruturas que permitan unha localización óptima de recursos escasos, tanto a nivel rexional como nacional, alí onde non existan.

Destinatarios

Poderán ser beneficiarios desta convocatoria, persoas legais (non persoas naturais) e axencias públicas, establecidas en calquera Estado membro, agás Reino Unido e Dinamarca. Ademais, poderán participar entidades públicas establecidas en terceiros países que sexan parte do Proceso de Budapest, especialmente Pakistán e Afganistan, pero só como socios colaboradores.

Socios

Os proxectos han de ser transnacionais, isto é, que involucren polo menos a dúas entidades establecidas en dous Estados membros diferentes participantes no Instrumento da Policía ISF.

Financiamento

Tendo en conta as cantidades indicativas sinaladas anteriormente, os proxectos deben contar cun orzamento mínimo de 500.000€. A Comisión europea comprométese a co-financiar unha ratio do 90% dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para o co-financiamento dos proxectos estímase en 1.500.000€. Mais, a Comisión resérvase o dereito a non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

Os proxectos non deben de ter unha duración alén dos 24 meses, e só se poderán prolongar coa aprobación da Comisión. En calquera caso, as actividades suxeitas ao financiamento non poderán ter comezado antes da data de entrega de solicitude.

Data de publicación

24/11/2016

Data límite de solicitude

28/02/2017

Documentación

Contacto

http://ec.europa.eu/research/participants/api/contact/index.html

Comentarios

O prazo remata ás 17h (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante