Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Intercambio de datos do Rexistro de Datos de Pasaxeiros (PNR) entre Estados membros- ISFP-2016-AG-PNR

Programa

FONDO DE SEGURIDADE INTERIOR

Obxectivo xeral

Financiar proxectos no eido da aplicación da lexislación en materia de intercambio de información.

Obxectivo específico da convocatoria

Mellorar a aplicación da lexislación de intercambio de información conectando PIUs (Unidade de Información sobre os Pasaxeiros) para facilitar o intercambio de datos de viaxeiros entre os Estados Membros e a Europol.
Inclúense proxectos que busquen identificar ou establecer canais seguros de comunicación entre os PIUs para o intercambio de datos, o desenvolvemento de formatos de datos apropiados e a elaboración de guías para o seu intercambio, incluíndo o financiamento de encontros operativos, proxectos piloto e tests.

Eidos de actuación

Serán elixibles os seguintes tipos de actividades:

  • Proxectos de promoción de “networking”, partenariados público-privados, confianza mutua, entendemento e aprendizaxe, identificación e difusión de boas prácticas e enfoques innovadores a nivel comunitario, formación e programas de intercambio.

  • Proxectos de apoio ao desenvolvemento de ferramentas metodolóxicas, sobre todo estatísticas, métodos e indicadores comúns.

  • Adquisición, mantemento e/ou modernización do equipo técnico, experiencia, instalación de seguridade, infraestruturas, edificios e sistemas relacionados, especialmente sistemas TIC e os seus compoñentes a nivel europeo, incluíndo aqueles para a cooperación europea en ciber-seguridade e ciber-crime.

  • Proxectos de concienciación das políticas comunitarias e obxectivos entre os interesados (stakeholders) e o público en xeral, incluíndo comunicación corporativa sobre as prioridades políticas da Unión.

  • Proxectos particularmente innovadores, novos métodos e/ou implementación de novas tecnoloxías con potencial de transferencia a outros Estados membros, especialmente proxectos que procuren testar e validar os resultados dos proxectos de investigación en seguridade da Unión.

  • Estudos e proxectos piloto.

Destinatarios

Tanto o solicitante como os socios deberán ser Estados membros participantes do FSI. As axencias da UE non poderán ser nin solicitantes nin socias.

Socios

As solicitudes deberán ser transnacionais, involucrando polo menos a dúas entidades establecidas en dous Estados membros diferentes.

Financiamento

Ata o 90% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

3.8 millóns de euros.

Data de publicación

27/10/2016

Data límite de solicitude

12/01/2017

Documentación

Contacto

HOMEISF@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante