Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fondo de Seguridade Interior - Policía (2014-2020) - ISFP-2016-AG-MC

Programa

FONDO DE SEGURIDADE INTERIOR

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa é apoiar a implementación dunha estratexia de seguirdade interior e o achegamento da UE á cooperación na aplicación da lei, incluíndo a xestión das fronteiras exteriores. O programa tamén inclúe o desenvolvemento de sistemas tecnolóxicos, como os futuros sistemas de entrada e saída e o Programa de Rexistro de Viaxeiros.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria vai dirixida a proxectos na área de criminalidade móbil. As solicitudes deben impulsar as actividades operativas na aplicación da lei, tendo en conta a natureza móbil dos grupos de crime organizado. Os proxectos poden atender unha destas prioridades: ben os delitos organizados contra a propiedade, ou ben outros delitos mercantís, incluíndo sinerxias entre eles.

Eidos de actuación

Os proxectos deben perseguir a consecución dunha ou de varias das seguintes accións:

  • Impulso das investigacións de intelixencia baseadas en información, incluíndo investigacións transfronteirizas.

  • Desenvolver metodoloxías de detección e investigación que se adecúen ás necesidades das diferentes forzas de seguridade.

  • Incrementar a comunicación, coordinación e cooperación entre as diferentes forzas de seguridade e coas relevantes axencias e organizacións europeas ou internacionais, como a Europol, Eurojust, Interpol ou a Organización Mundial de Aduanas.

  • Execución de cursos de preparación, incluíndo eventos para a policía, axentes aduaneiros e ou autoridades competentes no eido do crime organizado contra a propiedade.

  • Levar a cabo unha análise experta e estratéxica acerca do fenómeno.

  • Recompilar estatísticas e información sobre ameazas e riscos que se adecúen ás necesidades das diferentes forzas de seguridade.

  • Buscar e compartir exemplos de boas prácticas en canto á investigación e precesión nos casos de crime organizado contra a propiedade.

  • Detectar e analizar os vínculos que existen con outros ámbitos como a corrupción e fluxos financeiros ilícitos.


As propostas que consistan exclusivamente na realización de estudos e/ou conferencias non se admitirán nesta convocatoria.

Destinatarios

Para poder ser beneficiario da axuda establecida nesta convocatoria, os solicitantes e os seus socios deben ser:

  • Persoas xurídicas. As solicitudes de persoas físicas non serán admitidas

  • Entidades legais e privadas sen ánimo de lucro, ou unha organización internacional. Esta última só pode ser socio, non solicitante líder.

  • Establecidas nun dos Estados membros da UE que participen no instrumento ISF Police. As organizacións internacionais poden proceder doutro Estado membro que non participe no programa. Só por razóns moi xustificadas en relación co obxectivo do proxecto se admitirán organizacións dun terceiro país.

Socios

Os proxectos deben involucrar polo menos a dous socios de diferentes países membros que participen no programa. Todos os socios deben demostrar o seu estado legal no Rexistro de Beneficiarios e aportar toda a información pertinente antes do límite de entrega.

Financiamento

A Unión Europea, como máximo, co-financiará un 90% do total dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento para co-financiar os proxectos ascende aos 2 millóns de euros. Con todo, a Comisión Europea resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

Os proxectos han de ter unha duración que non supere os 24 meses. Só por razóns debidamente xustificadas, a duración poderase estender durante a súa execución se a Comisión o aproba.

Data de publicación

06/10/2016

Data límite de solicitude

12/01/2017

Documentación

Comentarios

O prazo de solicitude remata ás 17h (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante