Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fondo de Seguridade interior: Instrumento de Fronteiras e Visados (2014-2020) - HOME/2015/ISFB/AG/ESUR

Programa

FONDO DE SEGURIDADE INTERIOR

Obxectivo xeral

Apoiar a mellora da vixilancia fronteiriza aumentando a cooperación entre Estados membros no marco do EUROSUR, incluíndo, cando sexa apropiado, a cooperación con terceiros países (especialmente países veciños).

Eidos de actuación

As propostas deberán abordar, polo menos, un dos seguintes eidos:
-Intercambio do estado de situación das seccións fronteirizas externas nos países veciños, dacordo co establecido no Regulamento (UE) 1052/2013 que establece EUROSUR.
Os proxectos deberán permitir aos centros de coordinación nacional de dous ou máis Estados veciños compartir entre eles, directamente e a tempo real, o estado de situación das seccións fronteirizas externas, incluíndo incidentes ou outros eventos relevantes, informes de análise de risco táctico, etc.
-Apoio as capacidades dos Estados membros de detectar e seguir a pista de embarcacións pequenas.
Os proxectos deberán permitir a dous ou máis Estados membros mellorar a súa capacidade técnica ou operativa de detectar, seguir a pista e interceptar embarcacións nunha área de interese común con vistas a prever a migración irregular e o crime transfronteirizo, así como para reducir a perda de vidas de migrantes nas fronteiras marítimas externas.
-Cooperación con terceiros Estados veciños.
Os proxectos deberán apoiar a cooperación entre dous ou máis Estados membros cun terceiro Estado veciño con vistas a previr a migración irregular e o crime transfronteirizo, así como a reducir a perda de vidas de migrantes nas fronteiras externas.

Destinatarios

Serán elixibles as persoas xurídicas (nunca persoas físicas) de carácter público establecidas nun Estado membro participante no Instrumento de Fronteiras e Visados do Fondo de Seguridade Interior.

Financiamento

Ata o 95% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

2 millóns de euros.

Duración do proxecto

Ata 24 meses.

Data de publicación

08/06/2016

Data límite de solicitude

22/07/2016

Documentación

Contacto

Poderanse enviar preguntas á seguinte dirección, facendo constar claramente a referencia desta convocatoria: HOME-ISF@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante