Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto Piloto dunha Lista Schengen para o control de fronteiras - HOME/2015/ISFB/AG /MAST

Programa

FONDO DE SEGURIDADE INTERIOR

Obxectivo xeral

A presente convocatoria pretende financiar proxectos que fagan experimentos de campo respecto do uso e xestión dunha “Masterlist” Schengen para o control de fronteiras.


A Comisión Europea proporcionará ás autoridades participantes un sistema feito por encargo (chamado “SW package”) que recollerá automaticamente elementos específicos dos datos obtidos dos pasaportes (cando sexan pasados polo lector de pasaportes), anonimizará os datos e os agregará para obter a información requirida para a validación CSCA. O SW package está suxeito á firma dun contrato de empréstito autorizando o seu uso durante 12 meses.

Eidos de actuación

O equipo adecuado (ordenador, lector de pasaportes, etc) será instalado na cabina dun control fronteirizo dun aeroporto internacional elixido pola autoridade participante. Este aeroporto internacional deberá ser elixido para autorizar o paso do control fronteirizo a un número máximo de nacionalidades diferentes. A empresa que proporcionará os sistema tamén ofrecerá un servizo de formación e apoio para a instalación, configuración, formación e apoio do sistema

Destinatarios

Entidades públicas establecidas nun Estado membro que


a)sexa participante do Instrumento de Fronteiras e Visados do Fondo de Seguridade Interior.


b)cumpla cos criterios da convocatoria.

Socios

Non

Financiamento

Ata o 95% dos custes

Orzamento total da convocatoria

100.000 euros

Duración do proxecto

12 meses como máximo

Data de publicación

15/03/2016

Data límite de solicitude

15/04/2016

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas ó seguinte e-mail, indicando claramente o código da convocatoria: HOME-ISF@ec.europa.eu

Comentarios

A data límite remata o 15 de abril de 2016 ás 12.00h (horario de Bruxelas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante