Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Formación de xuíces nacionais en Dereito de competencia da UE

Programa

XUSTIZA 2014

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo da presente convocatoria de propostas é co-financiar proxectos destinados á formación dos xuíces nacionais no contexto da aplicación das normas de competencia da UE. Isto inclúe a aplicación pública e privada tanto das normas de defensa da competencia como das normas sobre axudas estatais. O obxectivo último é garantir unha aplicación coherente e sistemática do Dereito de competencia da UE por parte dos órganos xurisdicionais nacionais.

As subvencións concedidas ao amparo da presente convocatoria co-financiarán proxectos centrados en:
  • garantir unha aplicación coherente e estable das normas europeas de competencia por parte dos órganos xurisdicionais nacionais, o que inclúe normas substantivas e de procedemento, e a aplicación de mecanismos específicos de cooperación entre os xuíces nacionais e as autoridades de competencia (en particular a Comisión Europea) e as normas de cooperación específica así como a creación de redes e o intercambio de información entre os xuíces nacionais;
  • a formación lingüística sobre terminoloxía xurídica, con miras a fomentar unha cultura xurídica e xudicial común do Dereito de competencia.

Estes obxectivos poden alcanzarse en maior medida a través de proxectos que se centren especificamente no papel dos xuíces nacionais na aplicación do Dereito de competencia da UE, as súas necesidades particulares e contornas de traballo, e a súa formación e coñecementos preexistentes.

As actividades de formación que prevexan niveis consecutivos, apoiados uns sobre os outros, son os que mellor satisfán ditas necesidades diversas.

Os proxectos poderán dirixirse a un grupo de destinatarios dun ou varios países subvencionables. Con todo, en cada formación/proxecto recoméndase dirixirse a xuíces nacionais de varios Estados membros da UE, dado que iso fomenta a creación de redes e unha aplicación coherente e estable da lexislación da UE.

Os proxectos deberán organizarse de forma que produzan resultados con valor engadido europeo. Os proxectos co-financiados deberían ser complementarios ou innovadores e non duplicar proxectos xa existentes ou previstos por outros provedores de formación a nivel nacional.

Eidos de actuación

Suxírense dous ámbitos e cinco prioridades. Os proxectos poderán abordar máis dun ámbito, pero deberán indicar claramente cal é o ámbito principal e cal é o secundario. Dentro dun ámbito, os solicitantes deberán indicar claramente cales das prioridades que se indican máis abaixo aparecen na súa proposta. Os proxectos deberán abordar polo menos una das prioridades, pero poderán incluír máis dunha. As propostas que non traten ningunha das prioridades tamén poderán ser subvencionables, pero asignaránselles 0 puntos cando se trate de avaliar a «pertinencia dos obxectivos e o obxecto» de conformidade coa guía de criterios de adxudicación de 2016. Tales ámbitos e prioridades son:

Ámbito 1: Mellora do coñecemento, a aplicación e a interpretación do Dereito de competencia da UE
  • Prioridade 1: No marco da modernización das axudas estatais e do novo papel de execución dos órganos xurisdicionais nacionais, recoméndanse encarecidamente as actividades de formación centradas nas axudas estatais.
  • Prioridade 2: Actividades de formación centradas na Directiva 2014/104 relativa a accións por danos por infraccións contrarias á competencia. Os Estados membros están obrigados a adaptar o seu Dereito interno á Directiva como moi tarde o 26 de decembro de 2016. O obxectivo destes proxectos é facilitar a capacidade dos xuíces na aplicación das novas normas de maneira precisa e coherente.
  • Prioridade 3: Actividades de formación centradas en principios económicos subxacentes ao dereito de competencia. A formación debe ter unha orientación práctica e incluír o estudo de asuntos reais.
  • Prioridade 4: Actividades de formación centradas nos retos da interrelación entre o Dereito europeo de competencia e os novos avances na lexislación sobre propiedade intelectual e/ou comercio electrónico.
Ámbito 2: Desenvolvemento dos coñecementos lingüísticos xurídicos dos xuíces nacionais 
  • Prioridade 5: Os proxectos deberán incluír actividades de formación lingüística xurídica para a aprendizaxe da terminoloxía específica utilizada na aplicación do Dereito de competencia. O principal obxectivo dos proxectos deberá ser a superación dos obstáculos xeográficos/lingüísticos con miras á creación dun espazo xudicial europeo común.

Destinatarios

Os destinatarios deberán ser os xuíces nacionais que se ocupen dos asuntos de competencia a nivel nacional. Neste grupo inclúese tamén aos fiscais, os xuíces nacionais en prácticas e o persoal das oficinas dos xuíces ou dos órganos xurisdicionais nacionais dos países elixibles.

Os proxectos destinaranse exclusivamente aos xuíces nacionais que se ocupan da revisión das decisións das autoridades nacionais de competencia e a todos os xuíces de última instancia que tratan asuntos relacionados coa lexislación en materia de competencia, incluídos os asuntos de defensa da competencia e de axudas estatais.
Poderán participar nos proxectos xuíces de países que non figuren como subvencionables e outras persoas que non sexan xuíces nacionais, sempre que unha proporción significativa dos destinatarios compóñase de xuíces nacionais. Con todo, os custos derivados da súa participación non poden incluírse na categoría de custos subvencionables.

Financiamento

A subvención máxima será de 400 000 EUR, e a mínima de 50 000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

El orzamento total reservado á co-financiación dos proxectos presentados en resposta á presente convocatoria ascende a 1 000 000 EUR.
A Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

O proxecto non deberá ter rematado nin comezado antes da data de presentación da solicitude de subvención. Os proxectos poderán ter una duración máxima de 24 meses.

Data de publicación

19/12/2016

Data límite de solicitude

31/03/2017

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Competencia – Unidade A.4
HT.4798 – CPP FORMACIÓN DE XUÍCES 2016
MADO 20/043
1049 Bruxelas
Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante