Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a proxectos nacionais e transnacionais para fomentar a cooperación xudicial en asuntos civís - JUST-JCOO-CIVI-AG-2016

Programa

XUSTIZA 2014

Obxectivo xeral

Contribuír a unha aplicación coherente e efectiva do acervo comunitario en materia de cooperación xudicial civil.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Contribuír á correcta execución e mellorar a aplicación dos seguintes instrumentos:

    1. Directiva 2008/52/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre certos aspectos da mediación en asuntos civís e mercantís.

    2. Instrumentos de dereito de familia, dada a importancia dos asuntos que hai que afrontar na vida diaria dos cidadáns europeos e, cando sexa aplicable, para a protección dos menores non acompañados, separados ou desprazados como parte das prioridades de acción baixo a Axenda Europea de Migración (ver convocatoria).

    3. A Orde Europea de Retención de Contas (Regulamento (UE) n ° 655/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio de 2014 , polo que se establece o procedemento relativo á orde europea de retención de contas a fin de simplificar o cobro transfronteirizo de débedas en materia civil e mercantil).


  • Concienciar sobre:
    1. O Regulamento (CE) n° 861/2007 que establece un proceso europeo de escasa contía.

    2. O Regulamento (CE) nº 1896/2006 que establece o proceso monitorio europeo.

    3. O Regulamento (CE) nº 805/2004 que crea o título executivo europeo para créditos non impugnados.

Eidos de actuación

Financiaranse as seguintes actividades:

  • Actividades analíticas como recolección de datos, enquisas, actividades de investigación, etc.

  • Aprendizaxe mutuo, identificación e intercambio de boas prácticas, desenvolvemento de métodos de traballo que poidan ser transferibles a outros Estados participantes.

  • Intercambio e provisión de información e desenvolvemento de ferramentas de información.

  • “Capacity building” para profesionais.

  • Facilitar a cooperación entre autoridades competentes e axencias, profesionais legais e proveedores de servizos (incluíndo redes multi-disciplinares a nivel internacional, nacional, rexional ou local).

  • Actividades de difusión e concienciación.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro (agás Reino Unido e Dinamarca) ou nos seus territorios de ultramar, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.
As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Financiamento

Ata o 80% dos custos elixibles, pero a axuda solicitada non poderá ser inferior a 75.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

3.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

12/10/2016

Data límite de solicitude

07/12/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante