Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda para proxectos transnacionais que promovan a cooperación xudicial en asuntos criminais - JUST-JCOO-CRIM-AG-2016

Programa

XUSTIZA 2014

Obxectivo xeral

Este programa vai contribuír a un maior desenvolvemento da área de xustiza europea baseada no mutuo recoñecemento e confianza, promovendo:

  • a cooperación xudicial en asuntos civís, incluíndo asuntos comerciais e civís, insolvencias, asuntos familiares e sucesións, etc.

  • a cooperación xudicial en materia penal

  • a formación xudicial, incluíndo formación idiomática en terminoloxía legal, con vistas a fomentar a cultura legal e xudicial común.

  • o acceso efectivo á xustiza en Europa, incluíndo os dereitos das vítimas de crimes e dereitos procesais en procedementos penais.

  • as iniciativas no eido das políticas de drogas (cooperación xudicial e aspectos de prevención criminal)

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo será o fomento da cooperación xudicial en asuntos criminais e a contribución á aplicación efectiva e coherente dos instrumentos europeos de recoñecemento mutuo en asuntos criminais.
Os proxectos deberán ter como obxectivo a mellora desas ferramentas na práctica e a creación doutros instrumentos para axudar aos usuarios a manexarse con elas e/ou contribuír á confianza mutua entre os Estados membro. As propostas que se centren na avaliación da trasnsposición destes instrumentos legais ás leis nacionais non son unha prioridade nesta convocatoria.

Eidos de actuación

As actividades suxeitas ao cofinanciamento desta convocatoria serán as seguintes:

  1. actividades analíticas, como a recompliación de datos, estudos, investigacións, etc.

  2. facilitar o intercambio de información e a comunicación estruturada, confidencial e conforme á protección de datos entre as autoridades recoñecidas polo dereito comunitario, incluíndo a transmisión electrónica de documentos, peticións de información, interrogatorios e audiencias de persoas transfronteirizas (como por exempolo mediante video-conferencia).

  3. aprendizaxe mutua, identificación e intercambio de boas prácticas que poden ser transferidas a outros países participantes.

  4. actividades de difusión e sensibilización.

  5. actividades de formación, mentres que sexan complementarias e non o obxecto principal dos proxectos.


Os proxectos que aseguren máis beneficios prácticos e impacto nos grupos obxectivo serán valorados máis favorablemente ca aqueles proxectos teóricos que consistan, principalmente, na investigación e nas actividades analíticas.

Destinatarios

Os solicitantes e socios poden ser entidades públicas ou privadas, ou organizacións internacionais. As organizacións con ánimo de lucro deberán remitir as solicitudes en colaboración con algunha organización pública ou sen ánimo de lucro.

Socios

A solicitude debe ser transnacional e involucrar polo menos a dous países.

Financiamento

A axuda que se solicite non ha de ser inferior á contía de 75.000€, a sabendas de que o cofinaciamento dos custos elixibles non superará o 80%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento para esta convocatoria é de 1.300.000€.

Duración do proxecto

A duración do proxecto non deberá pasar dos 24 meses. Ademais, estes non poderán ter comezado nin rematado previamente á entrega das solicitudes.

Data de publicación

22/06/2016

Data límite de solicitude

11/01/2017

Documentación

Contacto

EC-JUSTICE-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo para a presentación de solicitudes abrirase o 9 de novembro de 2016.
O prazo finaliza ás 17h (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante