Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a proxectos nacionais ou transnacionais de xustiza electronica (e-Justice) - JUST-JACC-EJU-AG-2016

Programa

XUSTIZA 2014

Obxectivo xeral

Contribuír a acadar os obxectivos da Estratexia Europea e-Justice 2014-2018. Apoiará a execución dos proxectos de xustiza electrónica (e-Justice) no eido do Portal Europeo de e-Justice e tamén a nivel nacional, sempre e cando teñan unha dimensión europea.

Obxectivo específico da convocatoria

Darase prioridade aos proxectos que procuren unir ou mellorar proxectos preexistentes do Portal de e-Justice, en particular:

  • Interconexión de Rexistros Nacionais de Insolvencia - Interconnection of National Insolvency Registers (IRI).

  • Atopa un avogado - Find a Lawyer (FAL)

  • Atopa un Notario - Find a Notary (FAN)

  • Atopa un alguacil - Find a Bailiff (FAB)

  • Execución do Identificador de Xurisprudencia Europea (ECLI) en repositorios de xurisprudencia e interconexión co Portal e-Justice.


Os proxectos transnacionais recibirán prioridade sobre os nacionais.

Eidos de actuación

As actividades deberán incluír traballo analítico, conceptual, de deseño e de elaboración, desenvolvemento de IT software, garantía de calidade e outras medidas relacionadas que sexan necesarias para o establecemento de novos sistemas IT, así como a expansión e adaptación de solucións existentes nacionais ou transnacionais de cara a acadar os obxectivos da convocatoria.
Tamén serán elixibles as actividades relacionadas coa xestión de proxectos, preparación de contido, traballo editorial, comunicación, promoción e difusión.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro (agás Reino Unido e Dinamarca) ou nos seus territorios de ultramar, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.
As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Financiamento

Non máis do 80% dos custes elixibles e, como mínimo, terán que solicitarse 75.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

3.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

Como máximo 24 meses.

Data de publicación

26/10/2016

Data límite de solicitude

11/01/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante