Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á formación xudicial europea - JUST-JTRA-EJTR-AG-2016

Programa

XUSTIZA 2014

Obxectivo xeral

Contribuír á aplicación coherente y efectiva do Dereito da UE en áreas como o Dereito civil, penal e Dereitos Fundamentais, salvando as necesidades de formación existentes nestes eidos. Tamén ten como obxectivo satisfacer as necesidades específicas de formación dos traballadores dos xulgados, en liña coas conclusións da conferencia da Comisión de outubro de 2015 en materia de formación de traballadores dos xulgados.

Eidos de actuación

As actividades de formación executadas por cada proxecto deberán incluír participantes de diversos Estados. O ideal é que se formen conxuntamente sen que haxa una maioría clara procedente dun só país.


Esta convocatoria financiará actividades como as seguintes:
  • Organización de actividades de formación interactivas e orientadas a práctica.

  • Intercambios multilaterais entre profesionais xurídicos (salvo no caso de xuíces e fiscais, cuxos corpos de formación son membros da European Judicial Training Network (EJTN) e, polo tanto, poden participar nos intercambios propios desta rede).

  • Creación dun contido de formación para aprendizaxe presencial, semipresencial ou a distancia (e-learning), listo para ser empregado tanto polos formadores como polos alumnos para autoformación.

  • Crear ferramentas para os formadores (por exemplo, eventos de formación para os formadores, ferramentas para apoiar a organización da formación noutros Estados Membros, etc).


Todas estas actividades poderán ter lugar nun contexto de formación inicial ou nun de formación continuada para os participantes (por exemplo, actividades de formación para que os profesionais recén designados poidan familiarizarse coa lexislación europea e os instrumentos de cooperación xudicial.
Os proxectos deberán tamén animar aos profesionais a continuar a súa formación nun idioma estranxeiro.

Destinatarios

  • Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro (agás Reino Unido e Dinamarca) ou nos seus territorios de ultramar, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.

  • As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Socios

A solicitude deberá ser transnacional e vincular a organizacións de, polo menos, dous Estados.

Financiamento

Ata o 80% dos custes elixibles, pero non se poderá solicitar menos de 50.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

5.7 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

14/09/2016

Data límite de solicitude

16/11/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante