Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a iniciativas do eido das políticas antidrogas - JUST-2016-AG-DRUGS

Programa

XUSTIZA 2014

Obxectivo xeral

Apoiar iniciativas no eido das políticas antidrogas no que respecta á cooperación xudicial e aos aspectos de prevención do crime que non estean xa cubertos polo Instrumento de apoio financeiro para a cooperación policial, prevención e loita contra o crime e xestión de crises, como parte do Fondo de Seguridade Interior ou polo Terceiro Programa da Unión no eido da Saúde (2014-2020).

Obxectivo específico da convocatoria

Promover a aplicación práctica da investigación relacionada coas drogas e, en particular, a investigación da adicción coa intención de encarar os actuais desafíos e novas ameazas.
Apoiar ás organizacións da sociedade civil reforzando a súa función de defensa, a súa capacidade para marcar a diferenza a nivel local e os métodos de intercambio de boas prácticas.
Expandir o coñecemento e desenvolver métodos innovadores para encarar o fenómeno de novas sustancias psicoactivas.

Eidos de actuación

As actividades que poderán ser financiadas son as seguintes:

  • Recopilación de datos, enquisas e actividades de investigación.
  • Actividades de formación.
  • Aprendizaxe mutua, desenvolvemento en rede, identificación e intercambio de boas prácticas e cooperación.
  • Eventos, conferencias e reunións de expertos.
  • Actividades de concienciación e propaganda.

Destinatarios

Persoas xurídicas establecidas nun Estado Membro da Unión que participe no Programa Xustiza (Reino Unido e Dinamarca non), así como organizacións internacionais constituídas noutros Estados (que só poderán ser co-solicitantes).
Tamén poderán participar entidades públicas ou ONGs, aínda que neste último caso só como co-solicitantes.

Socios

Os proxectos deben ser transnacionais e involucrar polo menos dúas entidades de dous Estados Membros diferentes (participantes do Programa Xustiza).

Financiamento

A taxa de cofinanciamento será como máximo do 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total está estimado en algo máis de 2 millóns de euros (2.012.000€).

Duración do proxecto

24 meses como máximo

Data de publicación

15/06/2016

Data límite de solicitude

18/10/2016

Documentación

Contacto

HOME-DRUGS@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Identificación de boas prácticas para reducir o risco de mortes como consecuencia do consumo de medicamentos - Andalucía

O European Monitoring Centre for Drugs and Drug Addiction xa ten avisado do crecente risco de sobredose que conleva o consume simultáneo de opiáceos e benzodiazepines, que resulta nunha alta presenza de substancias con prescripción médica en casos de morte por reacción aguda ás drogas, sobre todo metadona e drogas psicotrópicas. Procuraranse identificar boas prácticas nos países participantes para reducir os factores de risco nas mortes por reacción aguda aos medicamentos prescritos ou ás substancias psicoactivas identificadas a través dun estudo retrospectivo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante