Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Formación de xuíces nacionais en materia de lexislación comunitaria de competencia e cooperación xudicial entre xuíces nacionais encargados da competencia.

Programa

XUSTIZA 2014

Obxectivo xeral

Promover a cooperación e a formación de xuíces nacionais no contexto da aplicación das normas europeas en materia de competencia. Isto inclúe a aplicación tanto pública como privada das normas en defensa da competencia, así como das normas de axudas estatais. O obxectivo final é asegurar a aplicación coherente da normativa comunitaria de competencia por parte dos tribunais nacionais.

Obxectivo específico da convocatoria

- Asegurar a aplicación uniforme e coherente da normativa comunitaria de competencia por parte dos tribunais nacionais.

- Mellorar e fomentar a cooperación entre xuíces nacionais en materia de competencia. Isto inclúe a aplicación de mecanismos específicos de cooperación entre os xuíces nacionais e as autoridades de competencia (incluída a Comisión Europea e as normas específicas de cooperación fixadas no Regulamente (EC) 1/2003 e no Regulamento (EC) 734/2013), así como o establecemento de redes e intercambios entre os xuíces nacionais.

- Atender as necesidades específicas de formación (no caso de proxectos relativos á formación de xuíces) dos xuíces nacionais participantes. Estas necesidades formativas defínense segundo o contido da formación e das persoas que participan nela.

Eidos de actuación

ÁREA 1: Mellora do coñecemento, aplicación e interpretación da normativa comunitaria en materia de competencia.
- Prioridade 1: serán de especial interese as accións formativas que se centren na axuda estatal no marco da modernización das axudas estatais e na nova función de aplicación da normativa dos tribunais nacionais.
- Prioridade 2: actividades formativas centradas na Directiva 2014/104 relativa a determinadas normas polas que se rexen as accións por danos en virtude do Dereito nacional, por infraccións do Dereito da competencia dos Estados membros da UE. A Directiva deberá ser trasposta ao dereito interno antes do 26 de decembro de 2016. O obxectivo destes proxectos será capacitar aos xuíces nacionais para a aplicación destas novas normas tan pronto como entren en vigor.
- Prioridade 3: actividades formativas centradas nos principios económicos subxacentes á normativa de competencia. A formación debe ser de orientación práctica e incluír estudios de casos reais.

ÁREA 2: desenvolvemento das competencias xurídico-lingüísticas dos xuíces nacionais.
- Prioridade 4: os proxectos deben cubrir actividades de formación xurídico-lingüística relacionadas con terminoloxía específica empregada na aplicación da normativa de competencia. O principal obxectivo do proxecto será superar as barreiras xeográficas/lingüísticas para propiciar a creación do espazo xudicial europeo.

ÁREA 3: creación ou mellora de redes de cooperación.
- Prioridade 5: impulsar a cooperación entre xuíces nacionais e/ou entre xuíces nacionais e a Comisión no ámbito da axuda estatal e/ou procedementos de defensa da competencia. Os proxectos deben centrarse na divulgación das ferramentas de cooperación existentes.
- Prioridade 6: os proxectos deben cubrir o establecemento, a actualización e/ou interconexión de bases de datos ou ferramentas web de relevancia transfronteriza destinadas a crear ou fortalecer a cooperación e divulgar información entre os xuíces nacionais tanto a nivel nacional como europeo, ou a facilitar a xestión de casos transnacionais complexos en materia de competencia.

Destinatarios

Os destinatarios serán xuíces nacionais especializados en asuntos de competencia a nivel nacional. Tamén se inclúen fiscais, xuíces en prácticas, persoal dos despachos dos xuíces ou dos tribunais nacionais dos países que poden participar.

Os proxectos deben ser presentados por autoridades ou organizacións públicas o privadas debidamente constituídas nalgún dos países que poden participar, ou organizacións internacionais. As organizacións que teñen ánimo de lucro deben presentar a solicitude en asociación con entidades públicas ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.

Neste caso, poderán participar todos os países membros da UE, agás Dinamarca e o Reino Unido; países candidatos, posibles candidatos e países que van entrar na Unión, aínda que estes deberán cumprir unhas condicións específicas antes de poder recibir o financiamento.

Financiamento

A subvención máxima que se poderá conceder será de 400.000 euros e a mínima será de 10.000 euros.

A contribución da UE será como máximo do 80% do custe da acción. Só en casos excepcionais e debidamente xustificados se financiará un máximo do 90% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 euros

Duración do proxecto

Máximo: 24 meses.

Data de publicación

28/09/2015

Data límite de solicitude

29/01/2016

Documentación

Contacto

As dúbidas relativas á convocatoria poderán enviarse á seguinte dirección de correo electrónico: COMP- TRAINING-JUDGES@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante