Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a proxectos nacionais ou transnacionais de non discriminación e integración do pobo xitano - REC-RDIS-DISC-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Apoiar actividades centradas en, polo menos, un dous seguintes grupos en risco de discriminación: minorías étnicas ou raciais, persoas con discapacidades, xente maior ou xente nova, minorías relixiosas e colectivo LGBTI.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Loitar contra a discriminación por razón de orientación sexual na sociedade e promover os dereitos do colectivo LGBTI.

  • Xestionar a diversidade nos sectores público e privado: identificar prácticas existentes, medir os beneficios da xestión da diversidade e concienciar. As actividades propostas deberán estar vinculadas á execución das Cartas da Diversidade da UE.

  • Colectivo romaní: promover actividades que aumenten a concienciación e combatan os estereotipos daniños dos xitanos e que apoian a súa integración na sociedade.

  • Aumentar a concienciación sobre a solidariedade interxeracional e a non discriminación por razón da idade (sobre todo para a xente nova).


Darase prioridade a financiar polo menos un proxecto de cada unha das catro áreas temáticas anteriores, sempre e cando se cumpran as condicións de elixibilidade e calidade.

Eidos de actuación

Financiaranse actividades de:

  • Formación de profesionais.

  • Aprendizaxe mutua, intercambio de boas prácticas, cooperación, identificación de boas prácticas que sexan transferibles a outros Estados participantes.

  • Actividades de difusión e concienciación (tamén a nivel local) como seminarios, conferencias, campañas ou actividades relacionadas coas redes sociais e a prensa.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro, nos seus departamentos de ultramar, Liechtenstein ou Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.
As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Financiamento

Como máximo o 80% dos custos elixibles. A axuda solicitada non poderá ser inferior a 150.000 euros nin superior a 500.000.

Orzamento total da convocatoria

2.6 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

15/12/2016

Data límite de solicitude

18/02/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante