Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fomentar a inclusión e a participación exitosas dos cidadáns europeos na vida civil e política dos seus países europeos de acollida - REC-RCIT-CITI-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Apoiar proxectos que promovan as políticas de cidadanía da Unión, en particular facilitando o exercicio do dereito á liberdade de movemento e aos dereitos electorais derivados da cidadanía da Unión. A prioridade da convocatoria será fomentar a inclusión e a participación exitosas dos cidadáns da UE na vida civil e política do seu país europeo de acollida.

Eidos de actuación

Financiaranse actividades de desenvolvemento, identificación e promoción do intercambio e a difusión de boas prácticas executadas na UE a nivel local, rexional ou nacional para fomentar a inclusión e a participación dos cidadáns europeos no seu país de acollida, así como na súa vida civil e política.
Darase prioridade ás actividades que procuren concienciar aos cidadáns europeos sobre os seus dereitos, incluído o dereito á liberdade de movemento, que aumenten o seu compromiso no país de acollida e fortalezan a súa capacidade para facer valer os seus dereitos de modo efectivo.
Tamén darase prioridade ás propostas que procuren aumentar a participación dos cidadáns da UE, centradas no casos dos cidadáns migrantes, en procesos democráticos, e ás que teñan como finalidade afrontar as razóns da baixa participación electoral, así como concienciar e promover o dereito á participación política en eleccións locais e europeas no país de acollida, a través do fortalecemento da dimensión europea destas eleccións.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro, nos seus departamentos de ultramar, Liechtenstein ou Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.

Financiamento

A axuda solicitada non poderá ser inferior a 150.000 euros nin superior a 500.000. Non poderá solicitarse un financiamento superior ao 80% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

1,16 millóns de euros.

Duración do proxecto

Ata 24 meses.

Data de publicación

17/11/2016

Data límite de solicitude

17/01/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante