Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto “´E-voting´: contribuíndo cun mellor uso das tecnoloxías modernas aos procedementos de voto co gallo de que sexan máis activos e democráticos” - REC-RPPI-EVOT-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Este programa contribúe a un desenvolvemento maior da área onde a igualdade e os dereitos das persoas, consagrada no Tratado, na Carta e convencións internacionais de Dereitos Humanos, son promovidos e protexidos. Os nove obxectivos son:

  1. Fomento da non discriminación.

  2. Loita contra o racismo, xenofobia, homofobia e outras formas de intolerancia.

  3. Promoción dos dereitos das persoas con discapacidade.

  4. Promoción da igualdade entre homes e mulleres e o xénero dominante.

  5. Prevención da violencia contra os cativos, adolescentes, mulleres ou outros grupos de risco.

  6. Promoción dos dereitos do neno.

  7. Garantía do máximo nivel de protección de datos.

  8. Promoción dos dereitos dos cidadáns europeos.

  9. Aplicar os dereitos dos consumidores.

  10. Obxectivo específico da convocatoria

    A sociedade europea cambiou considerablemente ao longo dos últimos 25 anos, como resultado da cantidade en aumento de cidadáns europeos que viven e traballan nalgún outro dos Estados membros. A cidadanía europea outórgalles a estes europeos desprazados o dereito ao sufraxio activo e pasivo nas eleccións ao Parlamento Europeo e nas municipais baixo as mesmas condicións ca os nacionais do país receptor. Os cidadáns europeos desprazados tamén poden exercer o seu dereito a voto nos seus países de procedencia. A participación política é vital para a cidadanía e é esencial para a lexitimidade da toma de decisións no goberno. Porén, a participación política dos europeos pode verse afectada polos procedementos burocráticos e anticuados. Asemade, a baixa concorrencia ás eleccións, incluíndo as eleccións ao Parlamento Europeo e particularmente entre a xuventude, é un reto para as democracias. Para afrontarse a estes problemas, deberíase investigar outras vías para incentivar a participación electoral de todos os cidadáns, facilitando o voto, contando coa inclusión das novas tecnoloxías.

    Eidos de actuación

    As actividades que se cofinanciarán baixo o proxecto piloto desta convocatoria han centrarse en:

    • Explorar o rol dos servizos e aplicacións de internet na estimulación da participación democrática e investigar como as ferramentas dixitais poden contribuír a un compromiso democrático dos cidadáns para que sexa máis forte e duradeiro.

    • Obter un abano amplo de propostas pensadas para, especialmente pero non exclusivamente, a xuventude e os cidadáns europeos desprazados.

    • A estimulaicón da participación democrática e a contribución a que o compromiso sexa máis forte e duradeiro deberían ser entendidas en termos de participación electoral e compromiso do votante co proceso político, incluíndo as accións que estas implican, tales como procesos de rexistro para votar eficientes e accesibles, procesos para o o compromiso político accesibles (inclusión na selección dun candidato, debates, etc), e información transparente e accesible para o votante. Os resultados destes proxectos contribuirán, entre outras cousas, á realización dunha guia de boas prácticas no televoto que axuden ao facer os procedementos de voto máis accesibles para mobilizar a un grupo máis amplo de votantes, e, en consecuencia, aumentar a participación democrática a nivel europeo. Todos os proxectos deben estar preparados con perspectiva nas Eleccións Europeas de 2019 de forma específica pero non exclusiva.

    Destinatarios

    Os solicitantes, xunto cos seus socios, poden ser tanto entidades públicas como organizacións privadas sen ánimo de lucro procedentes dalgún dos Estados membros da UE que participen no programa, ou organizacións internacionais.

    Socios

    O proxecto pode ser nacional (local ou rexional) ou transnacional, mais debe implicar polo menos a dúas organizacións: o solicitante e o socio.

    Financiamento

    O cofinanciamento non superará o 80% de forma xeral nas convocatorias deste programa. Particularmente para esta convocatoria, os proxectos poden solicitar unha remuneración de entre 75.000 e 350.000€, xa que o obxectivo é cofinanciar polo menos dous proxectos transnacionais. A comisión resérvase o dereito a non distribuír todos os fondos, en función dos proxectos que reciba e do resultado das súas avaliacións.

    Orzamento total da convocatoria

    O orzamento destinado para esta convocatoria é de 700.000 euros.

    Duración do proxecto

    A duración do proxecto non deberá pasar dos 18 meses. Ademais, estes non poderán ter nin comezado nin rematado previamente á entrega das solicitudes.

    Data de publicación

    30/09/2016

    Data límite de solicitude

    24/01/2017

    Documentación

    Comentarios

    Prevese que o prazo de solicitude se abra para o 17 de novembro de 2016.
    O prazo rematará ás 17h (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante