Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto “Europa das diversidades” 2016 - REC-PP-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Este programa contribúe a un desenvolvemento maior da área onde a igualdade e os dereitos das persoas, consagrada no Tratado, na Carta e convencións internacionais de Dereitos Humanos, son promovidos e protexidos. Os nove obxectivos son:

  1. Fomento da non discriminación.

  2. Loita contra o racismo, xenofobia, homofobia e outras formas de intolerancia.

  3. Promoción dos dereitos das persoas con discapacidade.

  4. Promoción da igualdade entre homes e mulleres e o xénero dominante.

  5. Prevención da violencia contra os cativos, adolescentes, mulleres ou outros grupos de risco.

  6. Promoción dos dereitos do neno.

  7. Garantía do máximo nivel de protección de datos.

  8. Promoción dos dereitos dos cidadáns europeos.

  9. Aplicar os dereitos dos consumidores.

  10. Obxectivo específico da convocatoria

    A misión deste proxecto piloto “Europa das diversidades” é contribuír ao impulso do lema da Unión Europea: “Xuntos na diversidade”, especialmente a nivel rexional e local. Con este proxecto piloto, os cidadáns europeos procedentes de rexións enmarcadas nun contexto de multiculturalidade e multilingüismo, ou onde haxa minorías sociais excluídas ou vítimas da discriminación, recibirán a posibilidade de entender mellor a identidade, lingua e cultura dos outros. O entendemento, aceptación e tolerancia mutua son o elemento central dunha coexistencia frutífera entre grupos étnicos, relixiosos, nacionais, lingüísticos ou en xeral todos os grupos diferenciados. O proxecto piloto contribuirá nese eido, no que xa se ten traballado, da non discriminación, educación e coñecemento da lingua, aínda que o obxectivo é chegar a diferentes grupos da sociedade para fomentar o diálogo multicultural entre os cidadáns europeos a nivel rexional ou local, por unha parte, e a través do intercambio de oportunidades a nivel europeo, por outra parte. Unha das fortalezas e riquezas de Europa atópase na súa diversidade. En consecuencia, debería ser promovida axeitadamente e velar para que se comprenda como un valor engadido á Unión Europea.

    Eidos de actuación

    O proxecto piloto actuará en:

    • Financiar formacións, seminarios, obradoiros e conferencias de como preservar a singularidade da Europa das diversidades e como promocionar a unión na diversidade.

    • Promover o intercambio de boas prácticas na loita contra a discriminaicón e na promoción da diversidade a nivel local e rexional.

    • Axudar a identificar e combater as prácticas discriminatorias a nivel rexional e local e construír un entendemento entre as sociedades maioritarias e minoritarias.

    Destinatarios

    Os solicitantes, máis os seus socios, poden ser tanto entidades públicas como organizacións privadas sen ánimo de lucro procedentes dalgún dos Estados membros da UE, incluíndo os seus territorios de ultramar, ou organizacións internacionais.

    Socios

    O proxecto debe implicar polo menos a dúas organizacións: o solicitante e o socio.

    Financiamento

    O cofinanciamento non superará o 80% de forma xeral nas convocatorias deste programa. Particularmente para esta convocatoria, os proxectos han de solicitar unha remuneración de entre 150.000 a 250.000€, xa que o obxectivo é cofinanciar polo menos catro proxectos transnacionais.

    Orzamento total da convocatoria

    O orzamento que financia esta convocatoria ascende a un millón de euros.

    Duración do proxecto

    A duración do proxecto non deberá pasar dos 18 meses. Ademais, estes non poderán ter nin comezado nin rematado previamente á entrega das solicitudes.

    Data de publicación

    30/09/2016

    Data límite de solicitude

    28/02/2017

    Documentación

    Comentarios

    Prevese que o prazo de solicitude se abra lo 17 de novembro de 2016.
    O prazo remata ás 17h (Bruselas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante