Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a plataformas nacionais do pobo xitano - REC-RDIS-NRCP-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Apoiar o establecemento ou reforzamento dos procesos de consulta nacionais nos Estados Membros a través de plataformas nacionais do pobo xitano reunidas e xestionadas polos Puntos de Contacto Nacionais do Pobo Xitano (National Roma Contact Points (NRCPs).

Eidos de actuación

Financiaranse actividades que apoien un partenariado activo entre os stakeholders máis relevantes no eido do desenvolvemento, execución e seguimento das Estratexias Nacionais de Integración dos Xitanos ou dos conxuntos de medidas políticas de integración nos Estados Membros.
As actividades deberán apoiar os procesos de participación multitudinaria de impulso nacional para a celebración de reunións de traballo que procuren o reforzamento do partenariado a tódolos niveis, incluíndo autoridades gobernamentais, rexionais e locais, organizacións da sociedade civil, organizacións de xuventude xitana e de mulleres, sector privado, entidades educativas...


Poderán incluírse na proposta as seguintes actividades concretas:

  • Actividades dirixidas a facer efectiva a participación dos stakeholders, incluída a identificación dos mesmos, accións de construción da capacidade, integración das aportacións e dar forma ás políticas relevantes para a integración dos xitanos.

  • Reunións de traballo destinadas a garantir unha adecuada comunicación entre tódolos stakeholders.

  • Actividades dirixidas ao empoderamento e participación das organizacións da xuventude e das mulleres xitanas.

  • Organización dunha reunión de inauguración coa participación de tódolos stakeholders relevantes (cunha cobertura xeográfica equilibrada) coa finalidade de explicar tanto o proceso como a visión do Estado membro polo que respecta á integración do pobo xitano.

  • Organización de debates/intercambio de boas prácticas/reunións de traballo sobre educación, emprego, saúde, oportunidades de financiamento, educación do pobo xitano e cómo mellorar a educación dos rapaces vencellando a todos os interesados (educadores, pais, nais, traballadores sociais...)

  • Actividades que busquen facilitar o diálogo entre os xitanos e as comunidades non xitanas e as autoridades locais para explicar os beneficios mutuos da integración.

Destinatarios

Os solicitantes deberán ser Puntos de Contacto Nacionais do pobo Xitano oficialmente nomeados.
Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro ou nos seus departamentos de ultramar, así como en Liechtenstein ou en Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.
As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Financiamento

Como máximo o 95 % dos custes elixibles, pero cun tope de 65.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

1,755.000 millóns de euros

Duración do proxecto

Non máis de 24 meses.

Data de publicación

04/10/2016

Data límite de solicitude

29/11/2016

Documentación

Contacto

EC-REC-CALLS@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante