Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á capacitación en materia de dereitos dos menores e da protección do menor para profesionais de asilo e migración - REC-RCHI-PROF-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Financiar proxectos prácticos e directos garantindo o máximo beneficio tanxible posible e o máximo impacto nas vidas dos menores non acompañados e que foron separados das súas familias no contexto da migración.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Prioridade 1 : Garantir unha mellor protección e respecto polos dereitos de tódolos menores no contexto das migracións no territorio da UE a través da capacitación para coidados de base familiar dirixidos a nenos e nenas non acompañados.

  • Prioridade 2 : Garantir unha mellor protección e respecto polos dereitos de tódolos menores no contexto das migracións no territorio da UE a través de mecanismos de capacitación e cooperación para os titores encargados da salvagarda dos dereitos dos nenos e nenas.

Eidos de actuación

Financiaranse actividades relacionadas cos dous obxectivos específicos anteriores.

  • Prioridade 1 : expandir os sistemas nacionais de coidados de base familiar como por exemplo a acollida, para nenos en situación de migración, tal e como está determinado no artigo 24 da Directiva 2013/33/EU, clarificando os standards para a recepción de solicitantes de protección internacional. Os proxectos deberán apoiar a capacitación para os profesionais que traballen con ou para os menores migrantes para aumentar a provisión de coidados de base familiar para acoller aos menores non acompañados.

    Isto poderá incluír actividades para atraer ou mellorar a calidade dos coidados de base familiar (como familias de acollida ou pequenas unidades de tipo familiar), adaptar os standards de coidado familiar á situación do menor non acompañado así como a selección, formación, seguimento e supervisión das actividades para os futuros padres de acollida, superar tódalas barreiras relativas ao modo en que os fondos para a recepción se reparten (por exemplo, cando os recursos son asignados unicamente aos centros de recepción).

    Os proxectos tamén deberán buscar facer fronte ás deficientes, como a escasa oferta de coidados de base familiar, desafíos no recrutamento e seguimento dos padres de acollida, a necesidade de formar a máis padres de acollida, etc.
    Espérase que as propostas promovan cambios nos sistemas de protección dos menores e resulten nunha mellora sostible cando remate o financiamento da UE. Isto requirirá que as actividades do proxecto estean integradas e/ou vinculadas aos sistemas nacionais de protección dos menores e, particularmente, aos sistemas de coidado alternativo.


  • Prioridade 2 : Mecanismos de capacitación e cooperación para titores que deban salvagardar os dereitos dos menores non acompañados no eido da migración (incluíndo desenvolvemento, guía e oferta de formación e acreditación tendo en conta o Manual da Axencia Europea de Dereitos Fundamentais para os titores e o seu informe sobre as titorías).

    Incluiranse actividades relativas ao desenvolvemento, guía e oferta de recrutamento, formación e acreditación de titores tendo en conta os documentos antes sinalados, co obxectivo de fortalecer o rol do titor na protección do menor e de clarificar as funcións do titor na salvagarda dos interese do menor, garantindo a seguridade e benestar do mesmo, facilitando a súa participación, actuando de enlace entre o menor e outras persoas, axudando a identificar unha solución duradeira no interese do menor, exercendo a súa representación legal e apoiando ao menor nos procedementos xudiciais ou administrativos.

    As actividades de formación conxunta poderán ser concibidas para reforzar a cooperación entre titores, profesionais da acollida, protectores dos menores, autoridades xudiciais, migratorias e de asilo para mellorar a protección do menor, tamén a nivel transfronteirizo. Tamén poderán realizarse actividades de cooperación transfronteiriza e de intercambio, por exemplo a través do establecemento de contactos directos con contrapartes noutros Estados membros, no contexto das transferencias de Dublín e a reagrupación familiar.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro ou nos seus departamentos de ultramar, ou en Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.

Socios

As solicitudes deberán involucrar a entidades de, polo menos, catro países participantes deste Programa.
Polo menos unha autoridade de cada país debe ter carácter público, ou ben expresar por escrito o seu apoio á candidatura. Estas autoridades públicas poderán ser desde Ministerios ata axencias responsables dos menores.

Financiamento

Como máximo o 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

3.1 millóns de euros

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

13/09/2016

Data límite de solicitude

13/12/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante