Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a estratexias integradas e multidisciplinares dirixidas aos nenos e nenas vítimas de violencia - REC-RDAP-CHIL-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Financiar proxectos prácticos e directos, garantindo o máximo beneficio tanxible posible e o máximo impacto nas vidas dos nenos e nenas vítimas.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar estratexias integradas e multidisciplinares dirixidas a nenos e nenas vítimas de violencia, de acordo coa Directiva 2012/29/EU para contribuír a unha mellor información, investigación, tratamento, seguimento e compromiso xudicial nos casos de violencia contra os menores. As propostas deberán complementar os esforzos da UE no eido dos dereitos e protección dos menores, así como contribuír aos sistemas de protección integrada dos menores.

Eidos de actuación

Financiaranse actividades seguindo dúas prioridades fundamentais. As propostas de proxecto deberán especificar se inclúen unha ou as dúas prioridades.

  • Prioridade 1: ensinanza mutua, intercambio de boas prácticas, capacitación para deseñar e adoptar modelos asentados de “children’s house” no contexto nacional, colaboración entre axentes e protocolos (policía, fiscais, xuíces, traballadores sociais, autoridades de protección de menores e servizos de saúde e educación).
    As actividades poderán ser previstas para incluír capacitación en áreas particulares do modelo de “children’s house” como exames e avaliacións médicas, entrevistas conxuntas, terapia para vítimas, apoio e asesoramento familiar, educación e investigación. Tódolos proxectos deben procurar promover a cooperación a nivel local, rexional e nacional entre os profesionais e as axencias encargadas da protección dos menores.

  • Prioridade 2: capacitación, educación e concienciación para stakeholders. Isto inclúe a capacitación e a concienciación para profesionais e outros adultos que estean en contacto regular cos menores e sexan os primeiros puntos de contacto para potenciais vítimas de violencia, de xeito que poidan coñecer os standards de protección dos menores e as estratexias nacionais, valorar os riscos mais axeitadamente e coñecer as necesidades específicas dos menores que sexan vítimas da violencia, etc. O grupo obxectivo incluiría profesionais e outros adultos no eido educativo, sanitario, deportivo e de ocio, benestar e protección dos menores, pais/titores, eido xudicial, etc.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro ou nos seus departamentos de ultramar, ou en Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.

Socios

As propostas deben involucrar organizacións de, polo menos, tres Estados elixibles.

Financiamento

Como máximo o 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

2 millóns de euros

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

13/09/2016

Data límite de solicitude

13/12/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante