Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio ao diálogo e ao intercambio de boas prácticas na promoción da tolerancia e do respecto mutuo. - REC-RRAC-RACI-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

O diálogo e o intercambio de boas prácticas axudará aos Estados Membros e aos profesionais nacionais a fomentar a tolerancia e o respecto mutuo, así como a executar completamente as previsións na Decisión Marco da UE para combater certas formas e expresións de racismo e xenofobia a través da vía penal e desenvolver ferramentas e prácticas para combater e previr efectivamente os crimes derivados dos prexuízos.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar os seguintes tipos de proxectos:

  • Proxectos básicos para previr e combater a intolerancia derivada do antisemitismo e a islamofobia (como continuación do Coloquio sobre Dereitos Fundamentais de 2015).

  • Proxectos para previr e combater a homofobia e a transfobia.

  • Proxectos para promover o desenvolvemento de ferramentas e prácticas para previr (contranarrativas), monitorizar e combater o discurso de odio online, incluso mediante a vía penal.

  • Proxectos para crear un mellor entendemento entre comunidades, incluíndo as comunidades relixiosas, e previr e combater o racismo e a xenofobia a través de actividades interrelixiosas e interculturais.

Eidos de actuación

  • Actividades de ensinanza mutua no que respecta á tolerancia, respecto e non discriminación, intercambio de boas prácticas e fortalecemento da cooperación entre actores chave, incluídos representantes das comunidades.

  • Actividades de desenvolvemento de monitorización e ferramentas de trasparencia no que respecta aos delitos de odio e ao discurso de odio. En particular, serán unha prioridade os proxectos que se centren no desenvolvemento de ferramentas para informar e monitorizar o discurso do odio online e/ou fomentar a transparencia das notificacións realizadas polos usuarios ás empresas de Internet e plataformas de redes sociais. Darase prioridade ao idioma dos países nos que o problema é considerable, pero non se teñen executado realmente solucións.

  • Actividades de capacitación e de formación para stakeholders chave, incluíndo representantes das comunidades e a mocidade.

  • Actividades de promoción, concienciación e campañas (por exemplo, produción de contranarrativas y narrativas alternativas) que teñan por obxecto previr o antisemitismo, a islamofobia, a xenofobia e o sentimento anti-inmigración, a homofobia, a transfobia e outras formas de intolerancia.

  • Actividades de apoio aos líderes comunais e ás autoridades locais para loitar contra o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia a través da “community building”, a creación de redes, diálogo inter-relixioso e intercultural, iniciativas de servizo á comunidade e de promoción da autoestima, creatividade e sentimento de pertenza, ruptura de estereotipos e desenvolvemento de contra-narrativas.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro ou en Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.


As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Socios

Deberán intervir nas actividades entidades de, polo menos, dous Estados elixibles (tódolos Estados Membros e Islandia).

Financiamento

Como máximo o 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

4.475.000 millóns

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

15/09/2016

Data límite de solicitude

05/01/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante