Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio ás autoridades dos Estados Membros na identificación e intercambio de boas prácticas para garantizar a correcta e completa execución da Decisión Marco da UE para combater o racismo e a xenofobia por vía penal - REC-RRAC-HATE-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Promover a identificación e intercambio de boas prácticas entre autoridades públicas que ostentan responsabilidade na execución das previsións da lexislación nacional respecto de crimes de odio e discurso do odio e, en particular, as previsións de transposición da Decisión Marco da UE para combater certas formas e expresións de racismo e xenofobia a través da vía penal.

Eidos de actuación

Esta convocatoria financiará principalmente actividades de ensinanza mutua, intercambio de boas prácticas, fortalecemento da cooperación e a coordinación entre autoridades nacionais polo que respecta ao rexistro, investigación e persecución dos delitos de odio e dos incidentes derivados do discurso de odio baixo o paraugas das previsións da lexislación nacional en esa materia.

Os proxectos que teñan unha relevancia directa para a execución das previsións nacionais de transposición da Decisión Marco da UE para combater certas formas e expresións de racismo e xenofobia a través da vía penal resultan de especial interese.


Darase prioridade aos proxectos centrados en:

  • Accións concretas, incluída a formación, coa finalidade de establecer e mellorar a metodoloxía de rexistro de incidentes e recolección de datos respecto ao discurso de odio e os delitos de odio.

  • Mellorar a investigación e a persecución, a través da formación, intercambio de boas prácticas e networking, especialmente involucrando ás autoridades xudiciais e policiais, incluíndo aos fiscais.

  • Controlar o discurso de odio online, especialmente os proxectos centrados en fortalecer ou establecer ferramentas de control a nivel nacional.

  • Coordinación e cooperación entre autoridades nacionais e as organizacións da sociedade civil.

  • Promover a diversidade e facer fronte ás actitudes discriminatorias por parte da policía.

  • Ofrecer tratamento respetuoso, recoñecemento e apoio ás vítimas dos delitos de odio.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro ou nos seus departamentos de ultramar, en Islandia ou Liechtenstein, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.

Socios

Deberán intervir nas actividades entidades de, polo menos, dous Estados.

Financiamento

Como máximo o 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

1.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

15/09/2016

Data límite de solicitude

05/01/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante