Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a actividades de formación sobre a reforma de protección de datos - REC-RDAT-TRAI-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Apoiar proxectos de formación orientados ás autoridades supervisoras da protección de datos, así como a outras autoridades públicas, profesionais xurídicos (xuíces e avogados) e oficiais encargados deste eido na EU e no EEE que contribúan a unha efectiva execución, seguimento e aplicación da Reforma de Protección de Datos.

Eidos de actuación

Cofinanciaranse as seguintes actividades:

  • Apoiar a formación das autoridades supervisoras da protección de datos e outras autoridades públicas en materia da reforma de protección de datos.

  • Apoiar a formación de profesionais xurídicos como membros da carreira xudicial e avogados en materia da reforma de protección de datos.

  • Apoiar a formación dos oficiais da UE e do EEE en materia da reforma de protección de datos.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro ou en Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.

As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Socios

Deberán intervir nas actividades entidades de, polo menos, dous Estados elixibles (tódolos Estados Membros e Islandia).

Financiamento

Como máximo o 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

2.3 millóns de euros

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

29/11/2016

Data límite de solicitude

25/01/2017

Documentación

Contacto

EC-REC-CALLS@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante