Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Promoción do acceso á xustiza e apoio ás vítimas de violencia de xénero e trato dado aos agresores - REC-RDAP-VICT-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Contribuír á protección e ó apoio das vítimas da violencia de xénero e á aplicación da lexislación de apoio a esas vítimas, así como o tratamento dos autores deste tipo de violencia. Garantir o acceso á xustiza, protección e apoio, que ten como obxectivo capacitar ás vítimas a denunciar a violencia de xénero.
As propostas deberán complementar os esforzos da UE no eido do apoio e os dereitos das vítimas e a loita contra a violencia de xénero.
Para o que respecta a esta convocatoria, a violencia de xénero defínese como a violencia dirixida a unha persoa polo seu xénero (incluíndo identidade/expresión de xénero) ou a violencia que afecta ás persoas dun xénero específico particularmente.


Obxectivo específico da convocatoria

Contribuír á protección e apoio ás vítimas de violencia de xénero e reforzar a lexislación que apoia a tales vítimas, así como reforzar o trato que se da aos agresores. Para garantir o acceso á xustiza, protección e apoio, procúrase empoderar ás vítimas para denunciar os casos de violencia de xénero.
Tamén procúrase contribuír á aplicación da Directiva 2012/29/EU que establece os standards mínimos no eido dos dereitos, apoio e protección ás vítimas do crime; da Directiva 2011/99/EU da Orde Europea de Protección e/ou o Regulamento 606/2013 de recoñecemento mutuo de medidas de protección en asuntos civís.

Eidos de actuación

Esta convocatoria cubrirá unha ou máis das seguintes actividades:

  • “Capacity building” e formación para profesionais, en particular ao persoal que se encarga de ofrecer apoio especializado ás vítimas da violencia de xénero (por exemplo a través de refuxios e outras formas de aloxamento accesible, alternativo e seguro, asesoría legal, asesoría médica e psicolóxica, liñas de axuda, organizacións de apoio ás vítimas ou outros servizos para as vítimas e as súas familias) ou ao persoal encargado do trato aos agresores.

  • “Capacity building” e formación en relación con asuntos específicos de xénero e, se fose relevante, tamén con asuntos infantís, en particular aos profesionais (policía, avogados, profesores, médicos, operarios das liñas de axuda...) que son puntos de contacto directos coas vítimas de violencia de xénero para que poidan satisfacer mellor as necesidades específicas das vítimas máis vulnerables, incluíndo chamar a atención sobre a violencia e derivándoos aos servizos de apoio especializados.

  • Programas de apoio específico que teñan como obxectivo particular algunhas das vítimas máis vulnerables da violencia de xénero, como refuxiadas ou migrantes, persoas con discapacidade, xitanos, persoas que pertenzan a minorías nacionais, étnicas ou relixiosas, LGBTI, mulleres maiores, mulleres sen teito...

  • Polo que respecta ao apoio ás vítimas da violencia de xénero e ao trato dos agresores: aprendemento mutuo, identificación e intercambio de boas prácticas, desenvolvemento de métodos de traballo (incluso os que poidan ser transferibles a outros países participantes) así como a súa aplicación práctica.

  • Actividades de concienciación, formación e intercambio de boas prácticas entre os profesionais e/ou os servizos de apoio en relación cos dereitos das vítimas da violencia de xénero e sobre a súa protección (ordes de protección domésticas e a súa posible extensión ao territorio da UE sobre a base da Directiva 2011/99/EU e o Regulamento 606/13) e o apoio dispoñible, así como sobre métodos de protección innovadores (a través do uso da tecnoloxía, por exemplo).

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro ou en Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles. As organizacións que teñan ánimo de lucro só poderán remitir solicitudes se o fan en asociación con organizacións sen ánimo de lucro.

As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Socios

Deberán intervir nas actividades entidades de, polo menos, dous Estados elixibles (tódolos Estados Membros e Islandia).

Financiamento

Como máximo o 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

6 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

24/11/2016

Data límite de solicitude

08/03/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante