Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Formar e concienciar a mozos e mozas sobre a violencia de xénero como mecanismo para previla a idade temperá - REC-RDAP-AWAR-AG-2016

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Contribuír á protección e ó apoio das vítimas da violencia de xénero e á aplicación da lexislación de apoio a esas vítimas, así como o tratamento dos autores deste tipo de violencia. Garantir o acceso á xustiza, protección e apoio, que ten como obxectivo capacitar ás vítimas a denunciar a violencia de xénero.
As propostas deberán complementar os esforzos da UE no eido do apoio e os dereitos das vítimas e a loita contra a violencia de xénero.
Para o que respecta a esta convocatoria, a violencia de xénero defínese como a violencia dirixida a unha persoa polo seu xénero (incluíndo identidade/expresión de xénero) ou a violencia que afecta ás persoas dun xénero específico particularmente.

Obxectivo específico da convocatoria

Contribuír á formación e concienciación para previr e combater a violencia de xénero, en particular cambiando comportamentos e actitudes cara o fenómeno. Esta formación e concienciación deberá centrarse en proporcionar a mozos e mozas menores de 18 anos información e habilidades relacionadas coa igualdade de xénero, relacións sás, roles e estereotipos de xénero, respecto polos demais, etc. Estas iniciativas deberán animar o pensamento crítico, de xeito que mozos e mozas poidan cambiar as normas sociais que contribúen a perpetuar a violencia de xénero. Deberán empoderar á xuventude para que reclamen os seus dereitos e se protexan en situacións de risco ou violencia, ao mesmo tempo que se aseguran que non se poña toda a responsabilidade na vítima, contribuíndo o “victim blaming” (culpabilización da vítima).

Eidos de actuación

Deberanse abranguer unha ou varias das seguintes actividades:

  • Actividades de educación e formación tales como campañas, exposicións, obradoiros.

  • Formación e “capacity-building” para profesionais e voluntarios que estean en contacto con mozos e mozas que están ou estarán involucrados nas actividades de formación para acabar coa violencia de xénero, incluíndo profesores, educadores, mentores, conselleiros académicos, adestradores deportivos, líderes xuvenís, organizadores de actividades extra-curriculares e outros profesionais e voluntarios.


As actividades poderán desenvolverse a través de educación formal ou non formal, así como noutros contextos.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas legalmente constituídas nun Estado Membro ou en Islandia, así como organizacións internacionais. Entidades constituídas pola UE segundo o artigo 208 do Regulamento Financeiro non serán elixibles.

As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

Socios

Deberán intervir nas actividades entidades de, polo menos, dous Estados elixibles (tódolos Estados Membros e Islandia).

Financiamento

Como máximo o 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

6 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

24/11/2016

Data límite de solicitude

08/03/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante