Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a actividades nacionais de información, concienciación e educación que persigan a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres - JUST/2016/RGEN/AG/VAWA

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Cofinanciar actividades nacionais de información, concienciación e educación que sirvan para previr e combater a violencia contra as mulleres, en liña co obxectivo específico de promover a igualdade entre mulleres e homes e avanzar cara a transversalidade de xénero.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Modificar actitudes e comportamentos de cara á violencia contra as mulleres coa finalidade de evitar que ocorra a través da educación, combatendo a culpabilización da vítima e animando ás vítimas e aos testigos a denunciar a violencia ante as autoridades e institucións competentes.

  • Formar a profesionais relevantes no eido (por exemplo dos servizos de saúde, educación, xudicial, política, servizos de apoio...) para asegurar un rexistro, investigación e persecución adecuados de tódalas formas de violencia contra as mulleres e un apoio empático para as vítimas.

  • Formar aos periodistas e aos profesionais dos medios de comunicación para garantir unha cobertura sensible e apropiada deste tema e de posibles incidentes.

  • Animar a homes e rapaces a desafiar ao sexismo e as normas de xénero que promover a violencia contra as mulleres e tomar parte activa na loita contra este tipo de violencia.

  • Informar ás vítimas dos seus dereitos e dos servizos de apoio e as medidas de protección dispoñibles.

Eidos de actuación

As actividades financiadas poderán incluír o desenvolvemento e implementación de:

  • Campañas (incluíndo o uso de redes sociais, que é especialmente recomendable).

  • Exposicións.

  • Programas de educación e formación.

  • Material educativo, incluíndo a tradución, adaptación e difusión de material feito noutros países e/ou por organizacións europeas e/ou internacionais (materiais impresos, electrónicos, audiovisuais, online…)

  • Intercambio de experiencias e boas prácticas.

  • Seminarios e Conferencias.

  • “Information days” en institucións públicas ou privadas (escolas, universidades, hospitais, comisarías)


A elaboración de panfletos, camisetas ou outros produtos para ser entregados nos eventos non poderán constituír o núcleo das actividades do proxecto. No deberían ser empregados unicamente para dar a coñecer o proxecto, senón que deberán contribuír activamente á concienciación e á educación. A súa difusión deberá ser coidadosamente planeada para garantir un impacto relevante nos grupos obxectivo do proxecto.

Destinatarios

Os solicitantes deberán ser:

  • Autoridades nacionais a cargo da política de igualdade entre mulleres e homes ou da política de violencia contra a muller cando estas sexan autoridades separadas; cando estas non presenten ningún proxecto, tamén poderán ser solicitantes os corpos responsables da igualdade de xénero a nivel nacional (artigo 20 da Directiva 2006/54/EC); finalmente, no caso de que ningún dos anteriores presente proxecto, poderá ser solicitante calquera outra autoridade nacional.

  • Os socios deben ser entidades públicas ou privadas ou organizacións con ou sen ánimo de lucro establecidas nun dos países participantes no Programa; ou ben organizacións internacionais.

  • Só poderán participar as organizacións legalmente constituídas. As persoas físicas non poden remitir aplicacións.

  • Tanto o solicitante como os socios deberán estar legalmente establecidos nun país elixible (a estes efectos, os Estados Membros da UE, Islandia e Liechtenstein), a excepción das organizacións internacionais.

Financiamento

Como máximo o 80% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo para esta convocatoria é de 4 millóns de euros.

Duración do proxecto

Entre 18 e 30 meses

Data de publicación

11/08/2016

Data límite de solicitude

27/10/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante